AIRE CIUDADES GALLEGAS
Altos níveis de partículas no ar das cidades galegas: o fume dos coches, carcinoxéno segundo a OMS
Altos niveles de partículas en el aire de las ciudades gallegas: el humo de los coches, carcinógeno según la OMS
A analise das concentracións na atmosfera de partículas neste inverno de 2012 indícanos que os valores son máis altos do esperado. Atendendo ao parque automobilístico galego e ao ráfico rodado, á industria existente, á extensión xeográfica do noso territorio, ao tamaño das cidades, á renta per capita e nível de vida…en Galiza non nos corresponde unha contaminación por partículas tan alta.
A maioría das estacións superan ao longo do día/semana/mes durante hora/s os valores límite horarios (independente de si superan ou non o valores límite das concentracións medias diarias). En Vigo e Ponteareas supeéranse moitos días os valores límite diarios fixados pola lexislación (aínda que permite a superación durante 35 dias ao ano). Superaron os valores establecidos en 50 microgramos/m3 para partículas PM10: Vigo (32% dos días estudados) con catorce días; Ponteareas (22% dos días) con vinte días; dez días en A Coruña (12,5%); catro en Santiago (5%); tres en Ferrol (3,7% dos días); e tamén se superou na estación de fondo de O Saviñao correspondente a rede EMEP, aínda que mide en atmosfera teoricamente “limpa”, algúns días os valores horarios están próximos ou por riba de 50 ug/m3 .
No que respecta as concentacións medias mensuais, Vigo con 47 ug/m3 en marzo e Ponteareas con 50 ug/m3 en xaneiro van ácabeza e superan o valor límite anual (40ug/m3). Todas as estacións de rexistro, excepto Ourense, Marín e Laza están lonxe dos valores recomendados pola OMS que ten en media anual 20 ug/m3.
Practicamente o 81% das partículas rexistradas como de tamaño grande (PM10) son en realidade de tamaño pequeno (PM2.5). En mostras horarias individualizadas a porcentaxe destas últimas pode chegar e mesmo superar o 95%.
Respecto destas partículas pequenas (PM2,5), superan 25 microgramos/m3 en medias diarias: Santiago, 23,7% dos días ( 19 días de 80); Marín 20% dos días (16 días de 80). Laza 5% dos días (4 días de 80) e en Ponteareas danse as concentracións medias mensuais ded PM2,5 máis altas de Galiza (34 ug/m3 en xaneiro e febreiro e 25 ug/m3 en marzo). A estación de fondo de O Saviñao tamén superou amplamente os valores diarios recomendados pola OMS superando moitas veces o valor fixado.