La CIG convocará movilizaciones para que readmitan al trabajador despedido en Lavacolla

TRABAJADOR DESPEDIDO

Reclama a inmediata readmisión dun traballador que foi despedido do Valet Parking por Empark, SL, a empresa que o xestiona

A CIG non descarta a convocatoria dunha folga no aparcamento do aeroporto de Lavacolla

 

A CIG convocará mobilizacións para reclamar a readmisión dun traballador que foi despedido, segundo explica o representante da FGAMT-CIG, Inácio Pavón , por “un capricho do encargado, por negarse o traballador a facer horas extra e polas presións ás que este somete aos traballadores e traballadoras da empresa”.  A central sindical non descarta chegar a convocar unha folga para obrigar a Empark S.L. a reconsiderar a súa actitude.

Denuncia que a concesionaria do Valet Parking mandou ao traballador de vacacións e coa escusa de que fora a recoller as quendas de traballo, o último día das mesmas, entregoulle unha carta de despedimento aducindo que era carácter disciplinario. Porén, segundo Víctor Fuentes, o delegado de persoal da CIG, recoñécese que eses non son os verdadeiros motivos, xa que a empresa “paga unha indemnización polo despedimento coa que pretende saldar esta decisión”.

O representante da CIG salienta que o traballador sempre se caracterizou pola súa implicación no posto de traballo e por realizar todos os esforzos que co lanzamento da actividade do novo aeroporto se lle requiriron. “Nun momento determinado o encargado incumpriu os acordos que tiña con el e a partir dese momento iniciouse unha campaña de difamación e acoso permanente contra el que rematou co seu despedimento”.

A CIG reuniuse coa empresa, para informala de que non se aceptaban os despedimentos “a capricho” e “das actitudes que o encargado estaba mantendo co conxunto do cadro de persoal, que provocaba un clima laboral que non se soluciona co despedimento dun traballador, senón que se agravaba así a situación”.

Inácio Pavón lembra que xa no pasado, houbera problemas nesta mesma empresa con actitudes do encargado cara as traballadoras, “moi cuestionábeis, o que, provocou que varias marcharan voluntariamente da empresa, ademais de malos modos en xeral con todo o cadro de persoal”.

A empresa decidiu posicionarse do lado do encargado e avalar esas actitudes e, polo tanto, a CIG iniciará unha campaña de mobilizacións, información aos usuarios do aeroporto e socialización da situación que se vive, pedindo a inmediata readmisión e a solución aos problemas de convivencia por abuso de autoridade. Non descarta recorrer á convocatoria dunha folga se a readmisión non se efectiviza.

Compostela, 30 de maio de 2012.

Confederación Intersindical Galega

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s