CERTIFICACIóN SOSTENIBLE
Pladesemapesga lanza ao Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia unha nova certificación en proxectos sustentables
PROXECTO DO LITORAL® Profesional, non será un simple escrito, senón a demostración de verdadeiros coñecementos en proxectos que defenden a vida do noso litoral
Co nome de “PROXECTO DO LITORAL® Profesional” a Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia dá vida a esta nova certificación da Plataforma, avalada por persoas físicas, empresarios ,profesionais e autónomos, mariñeiros, mariscadores/as, ecoloxistas, asociacións, expertos en todos os sectores do Mar e a Pesca, cuxa entrega leva unha avaliación de altísimo nivel.
De acordo a Miguel Delgado, Presidente da organización, esta nova credencial, PROXECTO DO LITORAL® Profesional é apropiada para aqueles quen poden mostrar a súa experiencia práctica na aplicación deste tipo de proxectos, polo que espera que se converta no novo estándar ao cal todos os implicados e profesionais de proxectos desexen posuír para avalar os mesmos.
Esta nova certificación foi deseñada para avaliar as habilidades nos sectores marítimo pesqueiros de Galicia baixo o PROXECTO DO LITORAL® Profesional.
A diferenza doutros preyectos existentes o PROXECTO DO LITORAL® Profesional. non requirirá que os candidatos apliquen un examen ou cambien nada do proxectado. No seu lugar, serán avaliados por un equipo multidisciplinar da Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia desde un centro residencial de avaliación.
Durante os días da avaliación, os candidatos serán agrupados por pequenos equipos, aos que se lles solicitará que demostren e entreguen evidencia de como aplicaron a metodoloxía para merecer o PROXECTO DO LITORAL® Profesional.
Os evaluadores observarán aos candidatos e os seus proxectos e examinaranos tomando en conta o criterio das competencias do PROXECTO DO LITORAL® Profesional, onde se inclúe: caso de estudo, habilidades interpersoais, planeación orientada ao produto e captura das leccións aprendidas.
Todo aquel que desexe obter esta nova certificación do PROXECTO DO LITORAL® Profesional debe tomar en conta que primeiramente debe ser socio da Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia