Adega achaca las inundaciones de la laguna de A Frouxeira a «los experimentos de la Xunta y su nefasta gestión» del espacio natural

 

¿LA XUNTA PASA?

Continúan las movilizaciones de medio centenar de vecinos afectados por el desbordamiento de la laguna de A Frouxeira, en Valdoviño, que reclaman una mejor gestión de las inundaciones a los organismos oficiales y en particular al presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

 Los vecinos llevan encerrados en el ayuntamiento desde Nochebuena en protesta por su situación y por la tardanza del Ejecutivo gallego en aportar soluciones.

Hasta el momento las soluciones técnicas aportadas por la administración regional no convencen a los vecinos, que temen que sus viviendas vuelvan a quedar anegadas por el agua en el momento que vuelva a llover.

La asociación ecologista Adega se ha unido con sus críticas a los afectados, achacando las inundaciones a «los experimentos de la Xunta y la nefasta gestión» del espacio natural de la laguna de Frouxeira.

COMUNICADO DE ADEGA

Lagoa da Frouxeira: os experimentos da Xunta e a nefasta xestión deste espazo, causas das enchentes

 

27 de decembro de 2012. Diante das enchentes acontecidas na veciñanza da Lagoa da Frouxeira en Valdoviño, ADEGA denuncia que débense á nefasta xestión deste espazo por parte da administración con intervencións que nunca se deberon proxectar, autorizar, ou executar sen ter en conta a dinámica e a oscilación natural do humidal. Todo isto, provocou unha acelerada degradación da lagoa convertida primeiro nunha chaira seca e logo, exposta á influencia directa do océano, nunha badía obturada que funciona coma un encoro. Diante disto, a Xunta incumpríu o compromiso asumido en 2010 a instancias do Parlamento Galego para a creación dun «plano de conservación específico para a Lagoa da Frouxeira, baseado en estudos de carácter científico e no traballo de equipos técnicos especialistas en simulación hidrolóxica”. Xogar a aprendiz de bruxo cos ecosistemas naturais trae estas consecuencias.

Cúmprense xustamente agora dous anos desde o baleirado intencionado e neglixente na lagoa en decembro do 2009 autorizado e dirixido pola propia Consellería do Medio Rural (administración encargada da súa conservación) e que a deixou nun moi mal estado de conservación. Algo lamentable nun espazo natural que ten cinco figuras de protección ambiental a nivel galego, nacional e internacional. Esta lagoa pasou estes 2 anos agónicos cun réxime de inundación anómalo que ocasionou a erosión do sistema dunar e a destrucción de parte das dunas que a protexían do mar ante a pasividade e inactividade da Consellería do Medio Rural.

Pasaron dous anos nos que non observamos ningunha mellora substancial na xestión do espazo natural protexido. Dous anos nos que as afeccións sobre os hábitats e sobre as especies continuaron, ou mesmo incrementáronse (desbroces sobre hábitats prioritarios, lumes, uso público irracional e insostible, uso de munición de chumbo nos humidais, etc). Actuacións que evidencian un claro incumprimento da Consellería de Medio Rural, das Directivas Aves e Hábitats, así como das obrigas establecidas no Convenio de Ramsar.

Despois de dous anos sen tomar ningunha medida de xestión, a dinámica natural da lagoa, pon en evidencia a inadecuación de distintas actuacións realizadas sobre a zona de inundación (paseo marítimo, senda peonil, parcelas de vivendas). Actuacións que nunca se deberon autorizar, permitir, e menos aínda proxectar sen ter en conta a oscilación natural que se produce no humidal. E a solución da cal non pode pasar por unha continua degradación da lagoa.

Tralas denuncias reiteradas de ADEGA, o propio Conselleiro do Medio Rural declaraba no Día Mundial dos Humidais de 2010, que na apertura da lagoa “se lles foi a man” e prometía que antes de fin de ano (de 2010) disporíase dun «plan científico para conservar os humidaispara o que a Consellería contactou con dous equipos técnicos especializados en simulacións de sistemas hidrolóxicos e hidráulica, para avaliar as súas propostas ao respecto. O equipo seleccionado traballará con outros expertos en botánica, zooloxía e ecoloxía, co obxectivo de probar a idoneidade das accións. Este estudo comezará de maneira inmediata, na primeira quincena deste mes de febreiro (2010)”. Estas declaracións foron posteriormente ratificadas en sede parlamentar. O propio Director Xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García Borregón, asegurou no 2010 “a creación dun plan de conservación específico para a Lagoa da Frouxeira, baseado en estudos de carácter científico e no traballo de equipos técnicos especialistas en simulación hidrolóxica”.

E despois de dous anos instalada na pasividade a Consellería di hoxe na prensa que “durante o último ano están tomando datos diarios do seu nivel”. Non é isto o que prometeu o Sr. Conselleiro do Medio Rural.

ADEGA solicita á Consellería, que pasado longamente o prazo dado polo Conselleiro do Medio Rural, fáganse públicos eses estudos científicos sobre a evolución da lagoa nestes dous anos e que se expoña o “plan de conservación” prometido, se os hai. E recordámoslle á Consellería que, en calquera caso, os estudos non son o instrumento de xestión dun espazo natural protexido e que ao “plan de conservación” ao que se refiriu o Sr. Director Xeral terá que ter un periodo de información pública e aprobarse cun Decreto da Xunta para poder establecerse legalmente as medidas de conservación no humidal.

E mentras tanto, recordámoslle á Consellería do Medio Rural a obriga de cumprir e facer cumprir a lexislación que afecta aos espazos naturais protexidos, e que calquera iniciativa que se tome teña como obxectivo a conservación e mellora do humidal, lexislación que non se tivo en conta na apertura da lagoa de 2009.

2 comentarios sobre “Adega achaca las inundaciones de la laguna de A Frouxeira a «los experimentos de la Xunta y su nefasta gestión» del espacio natural

¿Y tú qué opinas de esto?