EN POIO
COMPOSTAJE COMUNITARIO
COMPOSTAXE COMUNITARIA NO CONCELLO DE POIO
(Santiago de Compostela) 19/12/2011
Mañá 20 de decembro instalaremos a área de compostaxe comunitaria no concello de Poio, provincia de Pontevedra.
O lugar da área de compostaxe será na Reiboa na explanada da Seca xunto a parede traseira do ximnasio. A instalación da área irá acompañada dunha charla formativa aos voluntarios que neste caso serán os alumnos do curso de saúde e mente. Esta charla estará aberta a todos os veciños e veciñas da zona que esten interesados na compostaxe.
Polo tanto as 10 da mañá dará comezo a charla no edificio do obradoiro de emprego e as 11 instalaremos o composteiro na explanada da Seca.