SALIDA MICOLÓGICA
ADEGA REALIZA UNHA SAÍDA MICOLÓXICA NOS ARREDORES DA EIRA DA XOANA:
Mañá, sábado día 19, ADEGA, en colaboración coa Asociación Amigos da Escola de Basadroa e a Asociación Cultural O Galo de Compostela, realiza unha saída micolóxica para coñecer os «Carapuchos dos Sapos», tal e coma na zona de Ramil denominan aos cogumelos.
O PROGRAMA DA ACTIVIDADE previsto é o seguinte:
11.00 h => Encontro na Eira e pequena charla teórica sobre a actividade.
11.30 h => Saída polo camiño real até a Escola de Basadroa. Iremos apañando os cogumelos polas carballeiras do contorno deste histórico camiño que vimos de recuperar. O roteiro son3.5 kmaproximadamente.
13.00 h => Chegada á Escola onde nos xuntaremos cos veciños e socios que tamém aportarán os seus cogumelos para seren clasificados co asesoramento do especialista micólogo Alberte Granja.
14.00 h => Traslado á Eira onde prepararemos os nosos cogumelos. A xente que participe na actividade poderá traer cogumelos apañados ou da tenda e cociñalos segundo a vosa receita.
Cadaquén debe traer a súa comida para o xantar.
Hai a posibilidade de degustar queixo da casa de Chus con marmelo e café. O prezo son 2 € soci@s e 3 € non soci@s.
Ó remate do xantar haberá unha visita pola contorna.
Máis información: