Galicia aprende en un encuentro en Santiago cómo custodiar su territorio

CUSTODIA TU TIERRA

SANTIAGO DE COMPOSTELA ACOLLE O I ENCONTRO GALEGO DE CUSTODIA DO TERRITORIO

  •  Custodiar un territorio, o noso territorio, pasa por prestarlle os coidados necesarios para que conserve os seus valores

Santiago de Compostela, 26 outubro de 2011. Baixo o título I Encontro galego de Custodia do Territorio: Situación e perspectivas celebrarase durante a xornada do sábado e domingo un achegamento á esta ferramenta de conservación e coidado do territorio. O evento conta coa financiación da Deputación da Coruña e é organizado por ADEGA en colaboración coa AGCT (Asociación galega de custodia do Territorio).

A custodia do territorio é unha nova estratexia de conservación do territorio, nomeadamente do patrimonio natural, cultural e paisaxístico. A principal característica da custodia do territorio é a implicación da sociedade civil na conservación ao ser esta desenvolvida por propietarios de terras e entidades de custodia (asociación, concellos, etc.) mediante acordos de custodia. A custodia fomenta a participación e pon en contacto a diferentes actores, facéndoos partícipes dun proxecto común: a conservación da nosa paisaxe e do noso patrimonio natural e cultural.

Asemade permite velar pola conservación dos valores dun territorio, ao tempo que esta xestión planificada do territorio será o instrumento que permita vixiar as ameazas que poidan afectar ás áreas custodiadas. Os territorios custodiados teñen vocación de ser exemplo de que unha boa estratexia de conservación non entre en conflito coa expansión de actividades económicas; pola contra, os bens e a riqueza dos territorios custodiados gañan en recoñecemento e aumentan as súas posibilidades de desenvolvemento.

As partes implicadas no acordo de custodia do territorio veranse beneficiadas polo recoñecemento social, a satisfacción persoal, a aprendizaxe mutua, así como pola posibilidade de asesoramento da entidade de custodia ou pola posibilidade de obtención de vías de financiación (LIFE, FEOGA…).

Durante a xornada do sábado 29 alén dunha introdución á cuestión da custodia do territorio e do coñecemento do estado da situación noutras partes da península realizarase unha exposición das experiencias senlleiras máis destacadas das custodia do territorio en Galiza. O domingo terase a oportunidade para coñecer no lugar dúas propostas de custodia do territorio na provincia de A Coruña.

Ver o programa a seguir.

Sábado 29

10.00h Benvida e entrega de materiais
10.15h Inauguración
-Representante da Deputación da Coruña
-Presidenta de ADEGA. Virxinia Rodríguez
10.30h Mesa 1. A Custodia do Territorio na Península Ibérica
Moderadora: Virxinia Rodríguez
-Fundación Biodiversidad. A situación no estado. Amaya Sánchez
-GOB. A custodia dende unha ONG. Nuria Llabres
-Quercus. A custodia en Portugal. Nuno Sequeira
12.30h Pausa café. Ecolóxico e de comercio xusto
13.00h Mesa 2. A custodia do Territorio na Galiza
Moderador: Fernando Bandín
-Ridimoas. David Rodriguez
-Custodia do Territorio A Ulloa-Deza. Manuel Ferro
-ADEGA. Virxinia Rodríguez
-AGCT (Asociación Galega de Custodia do Territorio). Martiño Cabana
14.00h Xantar
16.30h Mesa 3. Custodia fluvial e marítima
Moderador: Óscar Rivas
-Proxecto Ríos. Ramsés Pérez
-Val de Esmelle.
-CEMMA. Alfredo López
-Fontaíña. Diego Rodríguez Vieites
18.00h Descanso
18.20h Mesa 5. A custodia en terras agrarias
Moderador: Alfredo López
-Fundación Fragas do Mandeo. Fernando Bandín
-Numenius. Óscar Rivas
-Drosera. Roberto Hermida
-Monte Cabalar. Xan Vilaboa
-ANABAM. Noé Ferreira
19.30h Presentación de conclusións
20.00h Clausura do Encontro

Domingo 30

Visita a dúas experiencias de custodia da provincia da Coruña

10.00h Saída de Compostela
11.00h-13.30h Visita a Reserva mariña Mar de Lira. Milucho Louro
14.00h Xantar de campo
16.00h-18.00h Visita a Cooperativa Raíña Lupa. Xose Manuel Casais

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s