Galicia se convierte en la primera comunidad autónoma en fijar un techo de gasto para 2012

Galicia se ha convertido hoy 8 de septiembre en la primera comunidad autónoma y administración pública que ha fijado un techo en sus cuentas, tras aprobar el Consello de la Xunta un límite de gasto para el próximo año de 9.172 millones de euros, una cantidad que deberá ser refrendada por el Parlamento.

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ha explicado tras la reunión semanal del Ejecutivo autonómico que el techo de gasto fijado es una cantidad similar a la de las cuentas de 2011, aunque ese año no estaba fijado por ley un límite.

Los objetivos de este techo de gasto obedecen, según Núñez Feijoo, a no relajar la disminución en el gasto corriente, a mantener los servicios públicos esenciales y la solvencia de la comunidad, mediante el pago a proveedores.

Además, las cuentas de 2012 seguirán apostando por cumplir con los objetivos de déficit fijados y mantendrán la inversión, tanto la real como en capital, insiste Feijóo en afirmar.

El techo de gasto sale de una ecuación, en la que la Xunta prevé que el crecimiento del Producto Interior Bruto (PIB) de España sea del 1,5 por ciento y en cualquier caso, ha dicho, el de Galicia será dos décimas mejor que el del conjunto del Estado.

NOTA DE PRENSA

“Non vamos a relaxar a diminución do gasto corrente; manteremos as prestacións dos servizos públicos esenciais; manteremos a solvencia da comunidade; manteremos os compromisos de Galicia co déficit público, e intentaremos manter, este ano, o investimento real e o investimento en capital”, afirma o presidente da Xunta

Feijóo afirma que Galicia volve anticiparse e se converte, hoxe, na primeira autonomía en aprobar o teito de gasto, que se situará nos 9.172 millóns de euros

  • Destaca que, hoxe, podemos aprobar o teito de gasto desde unha posición máis avanzada do resto das administracións públicas, “grazas a todas as medidas adoptadas durante estes dous últimos anos e medio”
  • Di que o acordo condiciona, por primeira vez, unha nova forma de presupostar: “primeiro solicitar ao Parlamento autorización do teito de gasto que vincula ao Goberno e, unha vez que temos esa autorización, confeccionar o presuposto de acordo con esa autorización”
  • Aposta por unhas contas públicas reais e realistas, que garantan a solvencia da comunidade, que cumpran os criterios de déficit público; que contribúan á mellora do país e que sexan útiles

Santiago, 8 de setembro de 2011.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, este mediodía, na rolda de prensa do Consello, que a Xunta acaba de dar luz verde á aprobación do teito de gasto para o ano 2012, que de forma inmediata se remitirá á Cámara para a súa validación. “Hoxe, aprobamos a primeira lei de disciplina orzamentaria de todas as administracións públicas de España; nos anticipamos ao resto das comunidades e nos anticipamos incluso á reforma da Constitución”, aseverou.

Deste xeito, o responsable do Goberno galego anunciou que “a capacidade máxima de gasto do ano 2012 será similar á do ano 2011 e o teito de gasto o fixaremos –dixo- en 9.172 millóns de euros”. Para Feijóo, os obxectivos seguen claros, “non vamos a relaxar a diminución do gasto corrente; manteremos as prestacións dos servizos públicos esenciais -sanidade, educación e servizos sociais-; manteremos a solvencia da comunidade, pagando a todos os provedores; manteremos os compromisos de Galicia co déficit público, e intentaremos manter, este ano, o investimento real e o investimento en capital”.

Feijóo subliñou que, hoxe, podemos aprobar o teito de gasto desde unha posición máis avanzada do resto das administracións públicas, “grazas a todas as medidas adoptadas durante estes dous últimos anos e medio”.

“Podo asegurar que levamos traballando desde o primeiro día para chegar a unha situación mellor no ano 2012 que a situación na que se atopa a inmensa maioría das comunidades. Galicia, grazas ás medidas adoptadas durante os últimos dous anos e medio e grazas á redución gradual dos orzamentos en 1.600 millóns de euros desde o ano 2009 ao ano 2011 -o que supón unha diminución do 15% do orzamento dispoñible-hoxe, Galicia propón unha capacidade de gasto público para o ano 2012 que mantén a contía do presuposto do ano 2011. Non haberá, a pesar do mantemento da contía, ningunha relaxación en seguir diminuíndo o gasto corrente si pretendemos manter as contías de investimento real e de capital”.

Segundo Feijóo, este é o obxectivo do presuposto xunto a dous obxectivos adicionais: seguir cumprindo o déficit público aprobado no Consello de Política Financeira e seguir pagando todas as facturas durante o ano 2012, mantendo a solvencia da CCAA. “Neste contexto de redución gradual dos orzamentos desde o ano 2009, hoxe podemos dicir que a capacidade de gasto da CCAA mantén a contención de 1.600 millóns de euros menos que no inicio da lexislatura, pero mantén a capacidade de non seguir rebaixando os orzamentos de investimentos reais e de capital”.

Unha nova forma de presupostar
Feijóo salientou que o acordo de hoxe condiciona, por primeira vez, unha nova forma de presupostar: “primeiro solicitar ao Parlamento autorización do teito de gasto que vincula ao Goberno e, unha vez que temos esa autorización, confeccionar o presuposto de acordo con esa autorización. Deste xeito, fixar o teito de gasto guiará os orzamentos da Comunidade para o ao 2012”.

Amais de ser un acordo decisivo para o futuro da comunidade, afirmou que é decisivo para a contribución que se pode facer desde Galicia pola sostenibilidade das contas públicas do Estado, “xa que unhas contas públicas ben feitas supoñen un camiño axeitado cara a recuperación; mentres que unhas contas públicas non realistas ou mal feitas supoñen un lastre para a recuperación, deixar de herdanza aos gobernos que nos sucedan débedas por presupostar ingresos inexistentes, e supón, tamén, ralentizar a saída da crise económica”.

Unas contas públicas reais e realistas, útiles e que garanten a solvencia da comunidade
Para o presidente autonómico, a principal ferramenta dunha administración son as súas contas públicas, que, segundo explicou, deben cumprir catro requisitos. “Deben ser reais e realistas, non se pode facer artificios contables, nin artificios electorais; deben garantir a solvencia da comunidade, o que significa seguir pagando todas as facturas, todos os contratos e todos os compromisos durante o ano 2012 e, tamén, cumprir os criterios de déficit público no ano 2012; deben contribuír á mellora do país, e Galicia non incrementou o déficit público de España e os presupostos galegos están intentando cumprir os acordos do Goberno de España taxativamente; e teñen que ser útiles, por iso, nestes anos, intentamos blindar o gasto social, reducir dunha forma importantísima o gasto corrente, seguir pagando aos provedores e cumprir o déficit público”.

Feijóo asegurou que “ese é o camiño que vai seguir vixente no ano 2012 “e ese é o camiño que seguimos de forma ininterrompida. Fixémolo no ano 2009 -en canto chegamos ao Goberno modificamos os orzamentos que herdamos-; fixémolo durante varios e continuos plans de austeridade que adoptamos de forma continua e que seguiremos adoptando; e fixémolo, tamén, de forma gradual desde os orzamentos do 2009, do 2010 e do 2011. O presuposto non vai crecer no ano 2012 e vamos manter o criterio de rigor nas contas públicas, a manter o criterio do mantemento de plans continuados de austeridade, a manter o criterio de cumprimento estrito de déficit público, o criterio de seguir pagando en tempo e forma aos provedores e vamos intentar, este ano, non rebaixar o gasto en inversión nin o gasto en capital. Estas son as grandes liñas do teito do gasto que presentamos, hoxe, aos galegos e inmediatamente ao Parlamento galego”, reiterou.

Blindar o gasto social
Pola súa banda, a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, subliñou que, neste contexto, a intención das contas autonómicas seguirá sendo a de conter o gasto corrente co obxectivo de poder preservar as partidas sociais e estabilizar os investimentos como un instrumento más para encarar a saída da crise. “Á intención é seguir contendo o gasto corrente”, incidiu Currás, salientando que “nestes momentos de crise temos que loitar polos investimentos produtivos”. “Blindaremos o gasto social como sempre o fixemos e preservaremos os orzamentos dedicados a estes investimentos produtivos a parte financiada co orzamento”.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s