El programa ‘Fogares verdes’ de ahorro energético y de agua se completa con éxito en la villa orensana del Carballiño

 

OS FOGARES VERDES DO CARBALLIÑO POÑEN PUNTO FINAL A UN ANO DE AFORRO

O xoves 28 de xullo ás sete da tarde xuntaranse os Fogares verdes co fin de facer repaso do ano e pasar unha tarde de confraternización

 

 

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza

Travesa dos Basquiños 9, baixo

15.704 Santiago de Compostela

Tfno e fax: 981-570099

Correo: adega@adega.info

Páxina electrónica: www.adega.info

 

 

 

Santiago de Compostela, 27 xullo de 2011. O programa de aforro enerxético e de auga, Fogares verdes, chega ao seu final na vila ourensán do Carballiño despois de máis de un ano de duración. A tarde do xoves 28 celebrarase un encontro final entre os participantes, xornada na que se realizará un repaso a todo un curso de sensibilización e educación ambiental cara un consumo responsable de recursos no fogar. Asemade os trinta fogares están convidados a tomar parte dunha merenda que se fará con aquelas viandas que traia cada quen.

Os cambios que se deron nos fogares ao longo do período de duración do programa de foron variados; instalación de lámpadas de baixo consumo, reutilización de auga na cociña e non baño, instalación de perlizadores nas billas, modificacións nas cisternas do WC, apagado de aparellos en standby, etc.

A experiencia, que forma parte da rede estatal de “Hogares verdes” pretende estenderse a outros concellos de Galiza e espallar a concienciación sobre a necesidade dun cambio no estilo de vida actual. O noso país ten unha pegada ecolóxica maior que a media estatal, cada cidadán galego precisa arredor das sete hectáreas para satisfacer as súas necesidades. Os recursos non son infinitos, o planeta si que o é e estase a poñer no límite da súa capacidade.

¿Y tú qué opinas de esto?