Los ecologistas gallegos de Adega reclaman que se optimice la depuradora de Ons antes de pensar en construir una nueva

COMUNICADO DE ADEGA

Os representantes ecoloxistas pedimos optimizar a  depuradora de Ons denantes de construir unha nova

Vigo, 5 de xullo de 2011. A Xunta vai  construir unha nova depuradora en Ons nun treito de costa virxe. Mais en Ons xa  existe unha depuradora que, por falla de mantemento e limpeza por parte da  concesionaria (a miúdo son os propios vixiantes do parque os que efectúan estes
traballos), é orixe de verteduras e cheiros. Para evitar molestias aos turistas  a administración vai investir 227.000€ en construir unha nova na punta Figueira  Brava, unha zona de alto valor paisaxístico. Os representantes ecoloxistas no  Padroado esiximos á administración que dé exemplo de austeridade e eficiencia  millorando o mantemento da actual instalación denantes de gastar cartos nunha  nova, que vai funcionar medio ano, só para alonxala dos narices dos turistas. No  Parque Nacional das Illas Atlánticas, a figura de máxima potección ambiental  galega, lévanse investidos máis cartos en infraestruturas e obras que en  conservación e educación ambiental.

A actual depuradora de Ons inaugurada en 2008  pola empresa Soluciones Medioambientales (SMA), é un modelo compacto STP-25 que  depura un caudal de 62 m3/día e ten capacidade para unha poboación de 250  habitantes (ou equivalentes/día). O seu funcionamento basease nunha aireación  prolongada, recirculación de lamas activas e desinfección por ozonización.  Teoricamente non produce lamas nin malos cheiros e a auga resultante posúe unhas  características fisicoquímicas e biolóxicas adecuadas para ser vertida no mar,  para o regadío de espazos axardinados ou mesmo para a loita contra incendios  forestais.

Acontece que un deficiente mantemento por parte  da concesiuonaria e a falla dun subministrio eléctrico constante na illa provoca  fallos de funcionamento que dan lugar a verteduras e cheiros. Como tantas outras  veces, a solución que popoñen as administracións é… facer unha nova!

A zona onde se pretende reubicar a depuradora Ons é unha zona de costa  totalmente natural ao sur da praia de Area dos Cans e próxima ao enclave  patrimonial da Laxe do Crego, polo que a instalación de tubarias e demais  elementos da EDAR causaría un impacto paisaxístico grave. As
eventuais verteduras que poidan acontecer (xa que ningunha depuradora é efectiva  ao 100% e menos non caso de Ons onde o subministro de corrente eléctrica non é  continuo) poden causar alteracións ecolóxicas serias nesta zona intermareal.

O argumento de alonxar a depuradora da zona turística que esgrime a  administración é totalmente miope xa que estamos a falar dun Parque Nacional  marítimo terrestre onde a única zona recomendábel para a instalación dunha  infraestrutura deste tipo co mínimo impacto sería entorno xa humanizado do  barrio de Curro e Peirao, precisamente onde se atopa a depuradora actual e non  nun treito de costa virxe. Por iso, de existir problemas de malos cheiros, mal  funcionamento, pouca capacidade, bombeos deficientes, etc. o lóxico sería  arranxar os problemas da actual EDAR onde está e non trasladar o problema a  outra zona mais natural, onde ademáis non hai  garantías de que as fallas non volten a repetirse.

Os representantes ecoloxistas no Padroado do Parque nacional esiximos á  administración que dé exemplo de austeridade e eficiencia millorando o  mantemento da actual instalación denantes de gastar cartos nunha nova, que só  vai funcionar medio ano, só para alonxala dos narices dos turistas. No Parque  Nacional das Illas Atlánticas, a figura de máxima potección ambiental galega,  lévanse investidos nos últimos anos máis cartos en infraestruturas e obras que  en conservación.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s