Adega denuncia el régimen de vedas que regirá la caza en Galicia la próxima temporada, como “total entrega de la Xunta al lobby de la escopeta”

COMUNICADO DE LA ASOCIACIÓN ECOLOGISTA GALLEGA ADEGA

Orde de vedas 2011-2012: demasiado chumbo e nula sensibilidade ambiental

23 de xuño de 2011. A orde de vedas que rexerá a caza en Galiza na vindeira tempada confirma a total entrega da Xunta ao lobby da escopeta, e a renuncia á xestión sustentábel da especies cinexéticas en favor dos intereses dos cazadores máis cavernícolas. Coa excusa dos posibles danos da fauna e sen necesidade de demostralos, permitirase cazar practicamente todo o ano con permisos case automáticos e reducindo ao mínimo o papel da administración. É a doutrina da “caza preventiva”, un vello anceio dos tecores máis reaccionarios que Juárez e Borregón asumiron como propia, Introdúcese tamén a posibilidade de exterminar raposos en base a “danos” e mesmo vulnérase a propia Lei de Caza ao permitir batidas en zonas de reserva e adestramento de cans, vedadas á actividade cinexética. Atención aos usuarios/as do monte porque con esta Xunta hai chumbo para todos!
A partires de agora os tiros no monte serán continuos durante todo o ano. Á consellaría do medio Rural, da que depende Conservación da Natureza e o servizo de Caza e Pesca, tanto lle ten os danos á fauna en época de cría, o risco para os usuarios/as do monte ou a actividade con armas de fogo en épocas de alto risco de lumes.

Estas batidas, nas que se irrompe no monte con cans, teñen unha incidencia negativa sobre a fauna cinexética e non cinexética, ao posibilitar que se malogren as crías das especies que comparten o habitat co porco bravo. Aves de presa como a tartaraña cincenta, a gatafornela (ambas as dúuas ameazadas) ou a avenoiteira, outras como a perdiz e mamíferos como a lebre, o coello ou o lobo vense afectadas por esta irrupción en plena época de cría. Nen sequera contémplase que as prácticas cinexéticas autorizadas nesta época sexan modalidades máis selectivas (tipo esperas nocturnas) e non xeralistas (ganchos e monterías). Ademáis, as batidas no verán coinciden co máximo risco de incendios e ao derivarse boa parte da gardería para labores de extinción, pódese contribuir a fomentar o furtivismo, xa que non hai suficiente persoal para controlar os milleiros de batidas que poden organizar. Esta manga ancha coas batidas cobra maior gravidade nos espazos protexidos da Rede Natura 2000 (caso das autorizadas no LIC-ZEPA-RAMSAR de Ortigueira, ou cando para o caso, revísase a condición de terrenos vedados criados precisamente criar refuxios de fauna e garantir a persistencia das poboacións.
Por iso á administración tanto lle ten tamén violar a Lei de Caza (artigos 7 e 8 do Decreto 284/2001 que desenvolve a Lei de Caza) permitindo cazar nas zonas de reserva dos Tecores e de adestramento de cans, vedadas por definición. Iso sí, non ten empacho en premiar a concellos como Rodeiro, Portomarín, Chantada, Incio… con especial inclinación polas “competicións cinexéticas”, masacres varias e outros “eventos sociais” que reunen a escopeteiros de todo o estado para poder practicar o que nas súas autonomías está prohibido dende hai anos, declarándoos “libres” para a cazar xabaríns onde e como queiran, sen necesidade de xustificar dano algún.

Outra proposta consolidada este ano é a posibilidade de cazar femias de corzo en descaste (rematado o seu periodo fértil). A caza do corzo estaba restrinxida só aos machos, preservando as femias para a reprodución. Como argumentaba no seu momento un representante dos cazadores máis sensatos no Comité Galego de Caza, quen vai distinguir cando apunta sobre un corzo a ducias de metros se se trata dunha femia, e se esta xa non pode reproducirse?
Con todo, o máis delirante desta orde de vedas é incluir ao raposo entre as especies para as que se poden autorizar batidas extraordinarias por danos, algo inédito na historia da caza en Galiza. Descoñecemos cantas galiñas mortas vai precisar o señor Borregón para autorizar unha batida polos danos desta perigosa alimaña.

ADEGA fai un chamado ás asociacións de cazadores mais sensatas para que denuncien estas prácticas insustentábeis e a actitude cavernícola e reaccionaria da Federación Galega de Caza e os seus valedores institucionais. De seguir así, no monte vai quedar nada que cazar nin nada que ver, xa que as especies salvaxes vanse vir afectadas pola continua actividade dos cazadores no monte todo o ano. Asemade, lanzamos unha seria advertencia á cidadanía que se achegue ao monte para recoller cogumelos, observar paxaros, facer sendeirismo ou simplemente para contemplar a natureza: con tanto escopeteiro solto, aumenta a probabilidade de voltar para casa cunha boa presada de chumbo.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s