Los populares gallegos y el alcalde socialista de Vigo intercambian acusaciones sobre la llegada del AVE

COMUNICADO DEL PPdeG

Os populares aínda están esperando a que Caballero cumpra a súa palabra e dimita, tal e como prometou que faría se o AVE non chegaba a Vigo por Cerdedo
Caballero esconde a súa incompetencia no referente á chegada do AVE a Vigo con mentiras

• Gómez Alonso reiterou que foron os populares os que defenderon para Vigo non só a conexión coa Meseta senón tamén a conexión con Portugal, algo ao que o Ministro de Fomento renunciou

• Lembra que os populares presentaron unha PNL no Parlamento segundo a cal se instaba á Xunta a dirixirse a Fomento para solicitar que no ano 2010 se contratase conxuntamente o proxecto e obra do Ave Vigo-Ourense por Cerderdo, proposta que foi apoiada por unanimidade

• Caballero debería dirixir as críticas ao seu propio partido e os seus compañeiros de filas en Madrid antes de empregar o AVE como ferramenta política de cara ás eleccións contra o PPdeG, posto que a realidade estóupalle nas narices.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2011-. O secretario de Organización do PPdeG, Alejandro Gómez Alonso, afirma que o alcalde socialista de Vigo, Abel Caballero, pretende esconder a súa incompetencia no que atinxe á chegada do AVE á cidade olívica con mentiras.

Segundo o dirixente popular, foi o propio Caballero quen no ano 2007 prometeu que presentaría a súa dimisión e non sería candidato se o AVE non chegaba a Vigo por Cerdedo. Con respecto a isto, Gómez Alonso lémbralle que o Grupo Popular defendeu en todo momento a licitación do proxecto e obra do AVE a Vigo por Ourense e Cerdedo unha vez que rematasen os estudos informativos e os galegos aínda seguen agardando.

Precisamente esa línea, a súa contrucción de saída, foi decisión do Goberno do PP, sobre a cal non aposta José Blanco, xa que no Pacto do Obradoiro establécese que unha vez terminados os susoditos estudos informativos procedería a financiación conxunta do proxecto e obra con financiación público-privada.

Para Gómez Alonso, queda de manifesto, polo tanto, a incompetencia de Abel Caballero para esixirlle ao Ministro de Fomento e compañeiro seu de filas a chegada do AVE a Vigo en conexión coa Meseta.

Segundo o voceiro de Infraestruturas, os populares aínda están esperando a que cumpra a súa palabra e dimita, xa que o que prometeu solemnemente en 2007 non se cumpriu e foi cómplice da mentira, xunto con José Blanco, de que o AVE chegaría en 2012, incluída a conexión con Vigo.

Do mesmo xeito, Gómez Alonso reiterou que foron os populares os que defenderon para Vigo non só a conexión coa Meseta senón tamén a conexión con Portugal, algo ao que o PSOE renunciou.

Con respecto a isto, lembrou que os populares presentaron unha PNL no Parlamento segundo a cal se instaba á Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Fomento para solicitar que no ano 2010 se contratase conxuntamente o proxecto e obra do Ave Vigo-Ourense por Cerderdo para acelerar a execución desta liña. Trátase dunha proposta apoiada por unanimidade que demostra que nin sequera o partido ao que pertence Caballero é capaz de cumprir o que defende.

Caballero debería dirixir as críticas ao seu propio partido e os seus compañeiros de filas en Madrid antes de empregar o AVE como ferramenta política de cara ás eleccións contra o PPdeG, posto que a realidade estóupalle nas narices.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s