Adega celebra el Día Mundial del Agua con un homenaje a todos los ríos gallegos

ADEGA HONRA OS RÍOS GALEGOS MESTURANDO AS SÚAS AUGAS NA EIRA DA XOANA

 

Compostela, a 21 de marzo de 2011.- ADEGA celebrou o Día Mundial da Auga o pasado domingo 20 de marzo cun acto de homenaxe a todos os ríos de Galiza que tivo lugar no centro medioambiental A Eira da Xoana, situado no treito alto do río Ulla, na parroquia de Ramil (Agolada). Alí congregáronse centos de persoas  procedentes de todo o país que, a nivel individual ou colectivo, participaron do movemento ecoloxista ou cultural a prol da defensa e protección dos nosos ríos. O acto de homenaxe tamén serviu para clausurar a celebración da  VI Copa  Galega de Kaiak extremo no río Ulla.

 

Centos de persoas participaron da homenaxe que ADEGA lle quixo brindar aos ríos de Galiza nun acto simbólico polo cal se mesturaron nun mesmo lugar  as augas de preto de 30 ríos pertencentes a diferentes espazos da nosa xeografía. Con este xesto, ADEGA quixo representar  a unidade de toda a sociedade galega na defensa e protección dos ríos como fonte de vida e a vontade colectiva para seguir loitando contra as ameazas ás que a diario están sometidos: vertidos, desvíos, canalizacións, paseos fluviais agresivos, autoestradas e outras infraestruturas, encoros, minicentrais, urbanizacións, etc.

 

No acto simbólico homes e mulleres de todo o país evocaron a súa experiencia persoal ou reivindicativa cos ríos, ao tempo que depositaban e mesturaban nun mesmo recipiente as augas recollidas dos diferentes leitos fluviais que alí foron honrados:  Miño, Sil, Lor (Courel), Ulla, Tinto, Pambre (Palas de Rei), Lavacolla (Compostela), Corgo (Santiago), Narla (Lugo), Mao, Belelle, Caselas, Umia , río dos Cabalos (Laxe), Maior (Esteiro-Muros), Traba, Neira (Neira de Rei), Valdevea (afluente do Ulla), Almofrei (Pontevedra), Barcés (As Mariñas-A Coruña), Sarela (afluente do Sar), Mendo (Betanzos), Mandeo (Betanzos). Tamén se depositaron augas das Brañas de Sada.

 

Os escritores Xosé Luis Santos e Xesús Pereiras contribuíron a este acto con recitais dedicados ao Ulla e, nomeadamente, ás Torrente do Mácara, onde hai anos se pretendían construír varias centrais hidroeléctricas e onde hoxe en día se celebran os campionatos galegos de kaiak extremo. Adela Figueroa, pola súa parte, dedicou varios poemas aos ríos Miño, Sil e Lor. Outros, preferiron rendir homenaxe cantando aos ríos como fixo o pescador Antón Cotos. O evento contou ademais coa presenza do recoñecido debuxante da natureza , Calros Silvar, e de expertos en fauna fluvial como Carlos Miguélez do Centro Ictioxénico do Carballiño, quen deu o seguinte dato: “das 2.000 especies de vertebrados  que viven nos ríos catalogados no Estado español, 1.600 viven nos ríos galegos e 30 especies de larvas son autóctonas de Galiza”.

 

Co caldo resultante da mestura das augas procedentes dos diferentes ríos galegos, ADEGA regará as árbores que pretende plantar na Eira da Xoana con motivo do Día Mundial da Árbore, o vindeiro 2 de abril.  

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s