La Xunta abordará en la variante de Noia la construcción del puente sobre la ría

El Consejo de Ministros aprueba la adscripción del dominio público marino-terrestre, que permitirá a la Xunta poder abordar en la variante de Noia la construcción del puente sobre la ría

A variante de Noia poderá abordar a construción da ponte sobre a ría unha vez autorizada polo Estado a adscrición do dominio público
A obra, centrada ata o de agora na zona non afectada por dita autorización, adxudicouse no mes de maio de 2010

Santiago, 11 de febreiro de 2011.- A adscrición do dominio público marítimo terrestre aprobada hoxe polo Consello de Ministros para a variante de Noia permitirá á Xunta de Galicia avanzar na súa execución, centrada ata o de agora na zona non afectada por dita autorización.

A obra, que se atopa adxudicada dende o mes de maio de 2010, poderá abordar agora a fase construtiva mais importante, é dicir, a execución da ponte sobre a ría, que enlazará a VAP Brión-Noia coa estrada AC-550 dirección Porto do Son sen ter que pasar polo centro da vila.

A variante ten unha lonxitude de 4,8 quilómetros e unha anchura de máis de 10 metros, na que se inclúen beirarrúas para facilitar a seguridade dos viandantes. Na ponte sobre a ría engadirase un paseo peonil que contará con ramplas de acceso no Testal e A Barquiña.

Unha vez rematada, a variante de Noia canalizará preto de 3.000 vehículos diarios que escollerán esta vía para realizar os seus desprazamentos. Isto implica unha redución do volume de tráfico de máis dun millón de vehículos ao ano, que aforrarán mais de 4 quilómetros respecto do percorrido actual. A actuación conta cun investimento de 38 millóns de euros.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s