La Administración gallega convoca ayudas por los daños del temporal ‘Becky’

A CONSELLERÍA DO MAR CONVOCA AXUDAS POLOS DANOS DO TEMPORAL BECKY 

 La Consellería del Mar convoca ayudas por los daños del temporal ‘Becky’. El objetivo de estas medidas socioeconómicas es ayudar a paliar los efectos de los daños en las embarcaciones y en las artes y aparejos depositados en los puertos.

  • O obxectivo destas medidas socioeconómicas é axudar a paliar os efectos dos danos nas embarcacións e nos artes e aparellos calados ou depositados nos portos

 

Santiago,  08 de febreiro de 2011.- A Consellería do Mar publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se aproba a convocatoria de axudas para paliar os danos producidos nas embarcacións e a artes e aparellos calados ou depositados en portos da nosa Comunidade Autónoma debido ao temporal Becky, acaecido os días 8 e 9 de novembro de 2010.

O obxecto destas axudas é compensar os danos non amparados polas pólizas de seguro subscritas das que poidan ser beneficiarios os afectados. No obstante, cando calquera sistema de cobertura non cubra a totalidade dos danos producidos, estas subvencións serán compatibles con outras indemnizacións, axudas e ingresos procedentes de sistemas públicos ou privados, estatais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido.

En canto ao tipo de axudas, a Consellería do Mar subvencionará ata un límite de 8.000 euros por embarcación e 1.500 euros por arte ou aparello, en función das dispoñibilidades orzamentarias e do número de solicitudes, tendo en conta a natureza das axudas.

Poderán optar a estas axudas os titulares de embarcacións con porto base en Galicia que sufriran danos en embarcacións da terceira lista inscritas no Censo de Flota Pesquera Operativa. Tamén poderán beneficiarse os titulares de artes e aparellos calados ou depositados en portos da Comunidade Autónoma que sufriran danos ou a perda total das mesmas. En todo caso, os seus propietarios deberán ter o permiso de explotación conforme coa legalidade vixente. Os interesados en optar a estas axudas disporán de 30 días naturais dende mañá para presentar a súa solicitude nos Rexistros da Xunta de Galicia regulados.

A Consellería do Mar levará a cabo as actuacións de comprobación que considere necesarias  para garantir unha óptima fixación da contía dos danos e a correcta aplicación das axudas; polo tanto poderá solicitar a achega da documentación necesaria para verificar a información dos solicitantes.

¿Y tú qué opinas de esto?