Unos 500 jóvenes aprendieron técnicas de conducción segura a través de los cursos que ofertó la Xunta

MÁIS DE MEDIO MILLAR DE MOZOS E MOZAS APRENDERON TÉCNICAS DE CONDUCIÓN SEGURA A TRAVÉS DOS CURSOS QUE OFERTOU A XUNTA

 O director xeral de Xuventude e Voluntariado participou na clausura do ciclo de cursos, que se desenvolveron entre outubro e principios de decembro
 A iniciativa, organizada polos departamentos de Xuventude e Voluntariado e de Mobilidade, desenvolveuse no circuíto da Magdalena de Forcarei
 Un total de 64 mozos e mozas participaron cada fin de semana nestas sesións teórico-prácticas, enmarcadas na campaña ‘Libre’

Santiago.- Máis de medio millar de mozos e mozas teñen aprendido técnicas de condución segura a través do ciclo de cursos promovido polas direccións xerais de Xuventude e Voluntariado e Mobilidade no circuíto da Magdalena de Forcarei (Pontevedra).

Precisamente, o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou na clausura destas accións formativas, orientadas ao colectivo de entre 18 e 35 anos, que se desenvolveron durante as fins de semana de outubro, novembro e principios de decembro.

O seu obxectivo era achegar unha formación complementaria á aprendida nas autoescolas e á experiencia adquirida no manexo do automóbil. Así, pretendía xerar aptitudes correctas no uso do vehículo, baseadas no coñecemento dos factores de risco, sistemas de seguridade do coche e técnica de condución.

Un cento das prazas ofertadas sorteáronse entre os rapaces e rapazas que se someteron este verán a probas de alcoholemia enmarcadas na campaña ‘Libre’, que fomenta a condución con ‘0,0’ desta substancia en sangue e subliña a liberdade que supón poñerse ao volante dun vehículo sen estar baixo os efectos do alcol e, polo tanto, sen preocupacións.

Sesenta e catro alumnos cada fin de semana
Cada fin de semana, un total de 64 alumnos participaron nalgunha destas sesións, nas que se impartiron contidos teóricos (unha hora) e prácticos (catro). A primeira parte realizouse co apoio dun software multimedia, de carácter divulgativo. A segunda estruturouse en series de condución tuteladas por un monitor ao longo do circuíto, con exercicios específicos.

Co fin de personalizar estas sesións, estableceuse unha proporción de 4 alumnos por monitor para acadar unha formación de calidade. Nos cursos, tratáronse diversos temas, como os factores de risco na condución (alcohol, drogas, sono, distraccións…); a seguridade activa/pasiva (ABS, control de tracción, control de estabilidade, cinto, airbag…); e técnica de condución (posición de condución, manexo do volante, trazados e traxectorias, uso do freo e acelerador, adherencia do pneumático, dinámica de pesos, dinámica do vehículo, subviraxe/sobreviraxe…).

Campaña ‘Libre’
Os cursos impartidos no circuíto da Magdalena de Forcarei forman parte da campaña ‘Libre’ para o fomento dunha condución responsable. Durante os meses de xullo, agosto e setembro, esta campaña tivo presenza en 50 das principais festas do verán galego, onde se realizaron máis de 5.000 probas de alcoholemia voluntarias.

Así mesmo, un convenio entre Xuventude e Voluntariado e tres das orquestras máis importantes da comunidade galega permitiu achegar unha mensaxe de prudencia ao volante nun total de 250 festas celebradas durante o verán.

¿Y tú qué opinas de esto?