Portos de Galicia acondicionará y mejorará las instalaciones eléctricas del puerto de Cesantes

PORTOS DE GALICIA MELLORARÁ E ACONDICIONARÁ AS INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS DO PORTO DE CESANTES

Santiago.- O ente público Portos de Galicia executa as obras reparación e acondicionamento das instalacións eléctricas no porto de Cesantes (Pontevedra). Esta actuación, presupostada con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM), suporá un investimento duns 37.000 euros.

Os traballos consisten na execución dunha nova acometida e derivación do equipo de medida da oficina da Confraría de Pescadores, localizada nos novos departamentos, a instalación de elementos de medida, aparataxe, dispositivos eléctricos e diversas protecións e postas a terra como medida de seguridade para as persoas.

Tamén substituiranse todas as liñas existentes de alimentación das tomas de forza dos pantaláns, liñas de alumeado da zona da lonxa, dos departamentos antigos e novos e do espigón, liña de subministración ao varadoiro e liña de alimentación da baliza de sinalización marítima.

Plan de investimentos en obras Menores
O Ente Público Portos de Galicia, está a executar obras de infraestrutura e inversións menores nos portos da provincia de Pontevedra de acordo coas necesidades dos seus distintos usuarios como son as confrarías, clubs náuticos, asociacións e concesionarios e operadores portuarios, entre outros.
Entre as actuacións realizadas por este programa figuran a reordenación de fondeos, limpezas de fondos mariños, defensas para os peiraos, casetas, remodelación de locais, galpóns e almacéns, pavimentacións e asfaltados de viais portuarios, mantemento e reparación en xeral de portalóns e reparación de superficies en lonxas, vestiarios, entre outros.
Tamén figuran nestas partidas as correspondentes á colocación de alumeados nos portos e edificios de comercialización e venda de peixe, colocación e acondicionamento de escaleiras, tanto nos edificios como nos peiraos. Segundo as peticións recibidas, a maior parte corresponde ás efectuadas polas confrarías de pescadores.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s