El portal de la Xunta en Internet habilita un sistema de notificación de subvenciones y ayudas a través del e-mail y de SMS

Con este novo servizo dáse un paso máis para converter o portal da Administración nunha canle de información e servizos máis interactiva e aberta permanentemente ao cidadán

O PORTAL DA XUNTA HABILITA UN NOVO SISTEMA DE NOTIFICACIÓNS DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS POR CORREO ELECTRÓNICO E SMS

 O usuario poderá subscribirse de xeito gratuíto a toda a información publicada en materia de axudas e subvencións, podendo elixir o colectivo que máis se axuste ao seu perfil
 A web incorpora tamén o servizo “Canle Axudas” para consultar as subvencións de interese para os cidadáns

Santiago.- O portal da Xunta de Galicia vén de incorporar un novo servizo que notifica as axudas e subvencións por correo electrónico e sms aos cidadáns. Seguindo uns sinxelos pasos o usuario poderá subscribirse de xeito gratuíto a toda a información publicada en materia de axudas e subvencións, podendo elixir o colectivo que máis se axuste ao seu perfil e as áreas temáticas que lle resulten de maior interese.

A canle está situada na dirección http://www.xunta.es/sistema-de-avisos. O sistema analizará a diario as novidades que se produzan no catálogo de procedementos e, en función do perfil e áreas temáticas que fosen seleccionadas polo usuario, enviará un resumo coa información que se axuste a estas preferencias.

Coa activación deste prestación refórzase os sistema de avisos do portal da Xunta que, desde o mes de xuño, ofrece notificacións mediante SMS sobre alertas meteorolóxicas de nivel laranxa e vermello. As principais novidades céntranse agora na apertura dunha nova canle de comunicación coa cidadanía, correo electrónico, e a incorporación de novos contidos que veñen a reforzar a actual oferta mediante mensaxes a móbiles.

Canle Axudas
Outra novidade da web é a posta en marcha do novo servizo, «Canle Axudas», a través do cal se recollen de forma doada e intuitiva todas as axudas e subvencións que fosen catalogadas na Guía do Cidadán.

Nesta nova sección e a través dun buscador o cidadán pode atopar as axudas de maior interese para o seu perfil de usuario (Cidadáns, Empresas e profesionais e Outras administración) ou para as áreas temáticas do seu interese (Administración Pública, Ensino e formación, medio, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais, Cultura ocio e deporte, Territorio, vivenda e transporte, Ciencia e tecnoloxía e Economía, empresas e emprego).

Esta canle esta accesible na dirección http://www.xunta.es/canle-axudas e incorpora diferentes pestanas nas que se clasificarán en catro categorías os novos procedementos publicados: Novidades, Máis consultados, Últimos días e Abertos. Esta categorización axudará ao cidadán a manterse informado sobre os prazos de tramitación de axudas e que están próximos a finalizar ou a coñecer os procedementos que fosen publicados recentemente.

O obxectivo desta nova funcionalidade é mostrar cunha estrutura clara para a cidadanía a información que contén o catálogo de procedementos da Xunta de Galicia, onde se atopa a información relativa aos procedementos administrativos dependentes da Administración autonómica galega.

Porta de entrada á Administración
A incorporación destes novos servizos ao portal da Xunta resposta ao obxectivo de avanzar
avanzar no concepto de administración electrónica, convertendo a web institucional nunha porta de entrada única onde o usuario poida acceder á información dunha forma moito máis clara.

Cada vez serán máis os trámites que se poderán realizar de xeito telemático como prevé o plan de modernización da Administración da Xunta que estenderá o uso das novas tecnoloxías para ofertar novos servizos e mellorar os actuais, acelerando a tramitación de procedementos e facilitando a participación e a información da cidadanía en tempo real.

A Xunta puxo en marcha o pasado mes de xuño seu novo portal corporativo, máis intuitivo, sinxelo e accesible ao cidadán. A web foi concebida pensando en mellorar a atención ao usuario, incrementando os servizos dispoñibles, ofrecendo unha navegación asequible a todos os perfiles, unha maior interactividade e novas canles multimedia.

Un dos cambios máis significativos é o acceso á información a través de epígrafes de colectivos. Un total de 20 grupos nos que se integra a información que hai en todos os portais da Xunta que pode ser de interese para ese colectivo. Así, empresas, traballadores, desempregados, maiores e mozos, entre outros, poderán acceder a través dun único link aos datos e servizos relacionados co seu perfil e que doutro xeito terían que empregando máis tempo e esforzo de páxina en páxina. Con este sistema de navegación, centrado no usuario, afórrase tempo e evítase a busca da información por departamentos.

Un comentario sobre “El portal de la Xunta en Internet habilita un sistema de notificación de subvenciones y ayudas a través del e-mail y de SMS

Replica a Articulo Indexado en la Blogosfera de Sysmaya Cancelar la respuesta