La Xunta abre la licitación del proyecto para rehabilitar la fábrica de tabacos de A Coruña aunque el ayuntamiento coruñés sigue sin ceder el edificio

A SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTOS ABRE A LICITACIÓN DO PROXECTO PARA REHABILITAR A FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA

 La Sociedad Pública de Inversiones abre la licitación del proyecto para rehabilitar la fábrica de tabacos de A Coruña. La Xunta indica que seguirá avanzando con los trámites “a la espera de que el Ayuntamiento cumpla con lo comprometido y ceda el edificio”

  • Os interesados poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 23 de marzo nas oficinas da SPI ou por correo
  • A Xunta segue avanzando na posta en marcha da infraestrutura á espera de que o Concello cumpra o seu compromiso e ceda o edificio

 

Santiago, 30 de xaneiro de 2011.- A Sociedade Pública de Investimentos (SPI) vén de abrir a licitación do proxecto básico e de execución de rehabilitación do edificio da antiga Fábrica de Tabacos da Coruña, para destinalo a usos xudiciais. O prazo de licitación será de 8 meses e os interesados poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 23 de marzo nas oficinas da SPI ou por correo.

 

Tanto o prego de bases da convocatoria como o proxecto das obras, quedarán expostos durante o prazo de presentación das ofertas nas dependencias da SPI en Santiago de Compostela ou ben a través da web http://www.spigalicia.es/. A convocatoria tamén establece que a apertura económica das propostas será o 27 de abril, ás 10.00 horas, na sede da SPI.

 

A licitación do proxecto de Tabacos representa un paso máis na vontade da Xunta de Galicia de axilizar o máximo posible a rehabilitación deste edificio, dentro do seu compromiso coa Coruña a través dunha actuación que permitirá deixar cubertas as necesidades de infraestruturas xudiciais na cidade herculina para os vindeiros vinte anos, ao tempo que se recupera para os cidadáns un edificio emblemático da cidade.

 

Para que a Xunta poida levar a cabo este traballo, no que investirá en torno a 20 millóns de euros, é necesario que previamente o Concello ceda o edificio, tal e como se tiña comprometido e do mesmo xeito que se está facendo en todas as cidades nas que o Goberno galego está a executar infraestruturas xudiciais, tras a cesión das parcelas por parte dos respectivos concellos.

 

Mentres isto non suceda, e para non perder tempo ao respecto dunha infraestrutura tan necesaria para a cidade, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ten iniciado xa os trámites para a posta en marcha do edificio co encargo e a licitación do proxecto, de tal xeito que estea xa avanzado para cando o Concello acceda definitivamente a ceder o terreo.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s