Inauguración del campo de fútbol de Corón en Villanueva de Arosa

LETE LASA INAUGURA O CAMPO DE FÚTBOL DE CORÓN, EN VILANOVA DE AROUSA, NO QUE A XUNTA INVESTIU MÁIS DE 145.000 EUROS

 El secretario general del Deporte gallego inauguró el campo de fútbol de Corón, en Villanueva de Arosa, donde la Xunta invirtió más de 145.000 euros.

  • A remodelación desta infraestrutura comprende a implantación de céspede artificial, rede de rego, varandas e porterías  
  • O secretario xeral para o Deporte resalta o compromiso da Xunta de “ofrecer aos concellos e aos clubs as mellores instalacións posibles” como parte do obxectivo de “apoiar ao tecido deportivo do país, verdadeiro sustento do noso desenvolvemento”

 

Vilanova de Arousa, 30 de xaneiro de 2011.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acudiu hoxe á inauguración do campo de fútbol de Corón, ubicado na parroquia de Celeiro, en Vilanova de Arousa. A Xunta de Galicia e o concello de Vilanova de Arousa asinaron un convenio para o financiamento desta actuación, por un importe de mais de 270.000 euros, que se suman aos 100.000 euros achegados pola Deputación de Pontevedra.

 

Así, a Secretaría Xeral para o Deporte proveu ao terreo de xogo de céspede artificial, rede de rego, varandas e porterías, actuación que se suma á realizada no ano 2009 no campo de Torrón, no que se investiron mais de 150.000 mil euros para acometer os traballos de acondicionamento da cuberta e das gradas do mesmo.

 

No acto de inauguración do campo de Corón, Lete Lasa salientou o compromiso da Xunta de “ofrecer aos concellos e aos clubs as mellores instalacións posibles” como parte do obxectivo do Goberno galego de “apoiar ao tecido deportivo do país, verdadeiro sustento e motor do noso desenvolvemento”. 

 

“As administracións públicas, e nesas está esta Secretaría Xeral, deben investir recursos e deben facilitarlle a vida aos cidadáns. Felicítome da colaboración entre as nosas institucións, da que este campo da boa proba, e das que se poderán beneficiar os veciños de Vilanova e os seus clubs”, concluíu.

Anuncios

Un comentario sobre “Inauguración del campo de fútbol de Corón en Villanueva de Arosa

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s