El Ministerio de Medio Ambiente ha dado el visto bueno a las directrices de Ordenación del Territorio y el plan del litoral de la Xunta, último trámite oficial para su aprobación definitiva.
La Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras informó de que le ha llegado el visto bueno del Ministerio, a través de la Dirección General de sostenibilidad de la Costa y del Mar.
Una vez que los documentos de ordenación territorial propuestos por la Xunta han pasado este trámite, el Consello del Gobierno gallego les dará su aprobación definitiva, previa a su entrada en vigor mediante su publicación en el Diario Oficial de Galicia (DOG), en el caso del plan del litoral, y en este mismo medio y el Boletín Oficial del Estado, en el de las directrices.
La Consellería anunció la inminente aprobación definitiva de ambos documentos.
A XUNTA LEMBRA QUE O PLAN DO LITORAL PERMITE UN DESENVOLVEMENTO DE SOLO EQUIVALENTE AO QUE NA ACTUALIDADE XA ESTÁ OCUPADO NA ILLA DE AROUSA
O Plan de Ordenación do litoral non só non coarta o crecemento do concello, senón que potencia os valores da Illa de Arousa
O POL ofrece un novo modelo de crecemento para a Illa de acordo cuns criterios actuais de sostibilidade ambiental fundamentais para preservar este territorio, en consonancia coas DOT
O modelo plantexado polo Plan, de acordo co concello, asume o carácter urbano da zona norte da Illa e define un área de recualificación para a zona sur, na que se localizan a maior parte dos solos incompatibles
Santiago, 29 de xaneiro de 2011.- O Plan de Ordenación do Litoral permite un desenvolvemento de solo equivalente ao que nestes momentos xa está ocupado na Illa de Arousa. Así, o POL concreta 32 hectáreas de solos que son compatibles ou adaptables co modelo.
Polo tanto, non só non coarta o crecemento do concello da Illa de Arousa, senón que establece directrices xerais para o seu desenvolvemento de acordo con criterios actuais de sostibilidade ambiental e paisaxística fundamentais para poder preservar e potenciar os valores deste territorio, en consonancia coas Directrices de Ordenación do Territorio.
Por outra banda, o modelo plantexado polo Plan foi revisado en diferentes sesións de traballo cos representantes municipais, asumindo de maneira coordinada o carácter urbano da Illa na súa zona norte, e entendendo como necesaria a reflexión do modelo de ocupación na zona sur onde, de acordo co concello, se definiu un área de recualificación na que se localizan a maior parte dos solos incompatibles.
O POL é un plan territorial integrado cuxo ámbito de aplicación é homoxéneo e esténdese ao longo de toda a costa galega, onde loxicamente está inserida a Illa de Arousa. O deseño dun modelo de ordenación axeitado para a Illa de Arousa debe enmarcarse no sistema legal de competencias, de tal xeito que ao concello compételle a definición do seu modelo de ordenación e á Xunta o establecemento de criterios ou condicións xerais, orientadas á preservación dos valores do territorio, a coordinación territorial así como o cumprimento da lexislación. Deste xeito, os municipios deben formular o seu PXOM axustándose aos criterios e condicións dos instrumentos de ordenación do territorio, especialmente o POL no caso dos concellos litorais.
No caso concreto da Illa de Arousa habería que facer unha análise sobre o seu proxecto de ordenación xa que se observamos os datos do seu planeamento vemos que propón a transformación urbanística de 108,29 ha, é dicir, o dobre do que xa está actualmente transformado. Porén, para o conxunto do litoral galego, o solo potencialmente transformable supón un 42,8% do que xa está transformado. Deste xeito o modelo de ordenación da Illa de Arousa prevé unha porcentaxe de nova urbanización de máis do dobre do que se prevé no planeamento urbanístico no conxunto do litoral.
A Illa de Arousa é un ámbito singular da costa galega, que en apenas 25 anos (desde a chegada da ponte) transformou de xeito drástico a súa fisonomía, apostando por modelos pouco densos que ocupa nunha grande superficie de terreo antropizando lugares de enorme valor desde o punto de vista ambiental e paisaxístico. O obxectivo do POL é o de ofrecer un novo modelo de crecemento para a Illa incorporando propostas máis sostibles que melloren a escena urbana e o seu entorno, ao mesmo tempo que establece unha racionalidade entre os procesos de ocupación do solo e os servizos.
[…] en Galicia, 247 tienen planes generales, lo que supone el 78% del total. De estos 247 hay 52 con el PGOM adaptado a la Ley vigente 9/2002 (LOUG) -17 con el actual Gobierno- y 195 tienen un PGOM no adaptado a la ley vigente, de los que la […]
Me gustaMe gusta
[…] Actualizados : Visto bueno del Ministerio de Medio Ambiente al Plan del Litoral de la Xunta de Galicia La superficie dedicada a la producción ecológica en Asturias aumentó un 30% en 2010 […]
Me gustaMe gusta