El gobierno gallego modifica la normativa del transporte sanitario para optimizar recursos

SANIDADE MODIFICA A NORMATIVA DE TRANSPORTE SANITARIO PARA OPTIMIZAR OS RECURSOS EXISTENTES

􀂃 Con esta nova normativa, Sanidade incide na mellora da prestación da saúde que supón dispor de máis tipos de recursos, así como no incremento da seguridade e a cualificación profesional do persoal que intervén no transporte
􀂃 Especialmente significativa é a creación do tipo de ambulancia 4×4, que permitirá chegar a todos aqueles lugares que, polas súas características físicas ou climatolóxicas, non se pode acudir con vehículos convencionais

O Consello da Xunta reunido no día de hoxe vén de aprobar un Proxecto de Decreto polo que se modifica o Decreto 42/1998, do 15 de xaneiro, mediante o que se regula o transporte sanitario.

A Administración sanitaria galega considera que a regulación actual da normativa de transporte sanitario precisa dunha adecuación para poder optimizar os recursos existentes nesta materia. En consecuencia, coa modificación do Decreto 42/1998, establécese unha nova clasificación dos distintos vehículos de transporte sanitario, o que permitirá dispoñer do recurso axeitado ás necesidades demandadas polos pacientes.

Especialmente significativa é a creación do tipo de ambulancia 4×4, que permitirá chegar a todos aqueles lugares que, polas súas características físicas ou climatolóxicas, non se pode acudir con vehículos convencionais.

Modifícanse, igualmente, os anexos do decreto, nos que se establecen as características dos vehículos e do equipamento destes, en función do tipo de transporte a que se destine, adaptándose, deste xeito, ás evolucións técnicas do sector.

En consecuencia, a modificación do decreto vai permitir, por un lado, a utilización axeitada ás necesidades dos pacientes dos distintos tipos de vehículos, optimizando, deste xeito, os recursos existentes. Por outro lado, tanto a regulación da vida útil dos vehículos como a cualificación profesional exixida aos profesionais non sanitarios, vai supoñer un incremento da seguridade dos usuarios do transporte.

Con esta nova normativa, Sanidade incide, pois, na mellora da prestación da saúde que supón dispor de máis recursos, así como no incremento da seguridade e a cualificación dos traballadores que interveñen no transporte. Ademais, os equipamentos dos vehículos van encamiñados á prestación de saúde nas mellores condicións posibles.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s