Feijóo intentará que Andalucía y Castilla-La Mancha se unan a Galicia para pedir a la UE una ayuda transitoria que palíe la previsible salida del objetivo de convergencia de las tres comunidades autónomas

 

O presidente da Xunta reuniuse esta tarde, en Bruxelas, co comisario Johannes Hahn, na sede da Comisión Europea

FEIJÓO PROPORÁ UNHA “FRONTE COMÚN” ÓS GOBERNOS DE ANDALUCÍA E CASTELA A MANCHA PARA DEFENDER CONXUNTAMENTE UNHA AXUDA TRANSITORIA NO PRÓXIMO PRESUPOSTO COMUNITARIO

Feijóo propondra un frente común a los gobiernos de Andalucía y Castilla-La Mancha para defender conjuntamente una ayuda transitoria en el próximo presupuesto comunitario

  •  Mostra a súa “completa satisfacción” polo “interese” do comisario na proposta galega de crear un sistema de transición que palíe a saída de Galicia do obxectivo converxencia a partir de 2013
  •  Plantexa a Hahn a necesidade de profundar tamén no ámbito da cooperación transfronteiriza, tal e como figura no ditame que mañá defenderá ante o Plenario do Comité das Rexións
  •  Destaca a dobre contribución de Galicia para lograr unha aterraxe suave nos fondos estruturais e complementala con “novas vías de financiamento” en materia de cooperación territorial

Bruxelas, 26 de xaneiro de 2011.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou esta tarde, tras manter un encontro co comisario de Política Rexional da Comisión Europea, Johannes Hahn, que proporá ós Gobernos de Andalucía e Castela A Mancha facer unha “fronte común” para defender de forma conxunta a creación dunha axuda transitoria no próximo presuposto comunitario que palíe a previsible saída do obxectivo converxencia das tres comunidades autónomas. A este respecto, Feijóo mostrou a súa “completa satisfacción” tralo encontro con Hahn, que viu “razoable” a proposta de Galicia de lograr unha aterraxe suave e que lle transmitiu o seu “interese e compromiso” en traballar nesa dirección na elaboración dos próximos orzamentos da Unión Europea.

Feijóo trasladoulle ó comisario de Política Rexional que para Galicia é necesario que, en lugar dunha redución abrupta dos fondos, se cree un sistema de transición que garanta unha “rede de seguridade” que permita continuar o crecemento económico da comunidade galega no vixente exercicio comunitario, no que alcanzou case o 89% de converxencia coa media europea.

Ante a receptividade do comisario de Política Rexional na reunión de hoxe e despois de que a Comisión Europea tamén recollese hai uns meses a demanda galega, o presidente da Xunta cre necesario que as comunidades autónomas que deixarán de ser obxectivo converxencia a partir de 2013 traballen de forma coordinada, tanto para lograr o apoio do Goberno español como a aceptación final das autoridades comunitarias.

Na súa opinión, é fundamental que Galicia, Andalucía e Castela A Mancha –que conxuntamente suman máis de 13 millóns de habitantes— unan esforzos para elaborar unha proposta conxunta que permita manter unha porcentaxe importante de fondos europeos a partir de 2013 para garantir unha “aterraxe suave”, así como para conseguir que tamén o Goberno español apoie ás tres comunidades que deixarán de ser obxectivo converxencia na negociación do próximo presuposto da Unión Europea. “É moi importante non soamente que a Comisión estea comprometida, senón que tamén é fundamental que os primeiros ministros tamén estean comprometidos con este deseño”, afirmou.

Ademais dunha axuda transitoria, o presidente da Xunta tamén lle plantexou ó comisario de Política Rexional a necesidade de abrir novas posibilidades de financiamento no ámbito da cooperación transfronteiriza. Neste senso, avanzoulle o contido do ditame que mañá defenderá ante o Pleno do Comité das Rexións e que, precisamente, propón reforzar as Agrupacións Europeas de Cooperación Transfronteiriza e, a través delas, as vías para captar fondos de cooperación territorial. Despois de recordar que hai sete anos que Galicia non defendía un ditame en sesión plenaria do Comité de Rexións, Feijóo concluíu que a comunidade autónoma ve fortalecido o seu liderado no ámbito europeo e, por tanto, a súa capacidade para lograr novas vías de financiamento.

Un comentario sobre “Feijóo intentará que Andalucía y Castilla-La Mancha se unan a Galicia para pedir a la UE una ayuda transitoria que palíe la previsible salida del objetivo de convergencia de las tres comunidades autónomas

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s