O titular da Xunta recibiu, esta tarde, no seu despacho de San Caetano, a Alexander Kuznetsov
FEIJÓO EXPRESA AO EMBAIXADOR DA FEDERACIÓN RUSA EN ESPAÑA A SOLIDARIEDADE DOS GALEGOS CO POBO RUSO E COS FAMILIARES DAS VÍTIMAS DO ATENTANDO EN MOSCÚ
Expresa o seu fondo pesar polo mortos e feridos a causa deste acto terrorista, así como as súas máis sentidas condolencias
Ambos dirixentes afondaron na situación actual das relacións comerciais entre Rusia e Galicia, e nas vías posibles a desenvolver para melloralas
O presidente autonómico destaca que, a mediados de 2011, está prevista a creación dunha oficina de apoio empresarial da Xunta en Moscú, co obxecto de involucrar ás empresas, asociacións sectoriais e outros sectores
En 2010, o valor das exportacións se multiplicaron por dous, pasando dos 72 millóns de euros ata os 141 millóns de euros
Santiago, 24 de xaneiro de 2011.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, transmitiu, esta tarde, ao embaixador da Federación Rusa en España, Alexander Kuznetsov, a solidariedade dos galegos co pobo ruso e cos familiares das vítimas do atentado que tivo lugar en Moscú.
O titular do Goberno galego, que recibiu hoxe, no seu despacho de San Caetano, ao embaixador, quixo expresar o seu fondo pesar polo mortos e feridos a causa deste acto terrorista, así como as súas máis sentidas condolencias.
Por outra banda, ao longo da xuntanza, ambos dirixentes afondaron na situación actual das relacións comerciais entre Rusia e Galicia, e nas vías posibles a desenvolver para melloralas. Neste sentido, compre destacar que, a mediados de 2011, está prevista a creación dunha oficina de apoio empresarial da Xunta en Moscú, co obxecto de involucrar ás empresas, asociacións sectoriais e outros sectores.
Compre salientar que, en 2010, o valor das exportacións se multiplicaron por dous, pasando dos 72 millóns de euros ata os 141 millóns de euros.