El gobierno gallego no concede autorización a Outletui para abrir todos los domingos y festivos del año

ECONOMÍA E INDUSTRIA NON CONCEDE A OUTLETUI A AUTORIZACIÓN PARA ABRIR TODOS OS DOMINGOS E FESTIVOS DO ANO

• A Dirección Xeral de Comercio do departamento que dirixe o conselleiro Javier Guerra basea a súa decisión nun informe de asesoría xurídica
• A Xunta realizará as inspeccións e investigacións precisas para comprobar o estrito cumprimento da normativa vixente en materia de comercio

Santiago, 21 de xaneiro de 2011.- A Consellería de Economía e Industria, a través da súa Dirección Xeral de Comercio, vén de denegar a autorización de apertura todos os domingos e festivos do ano ao centro comercial denominado Outletui, na localidade pontevedresa de Tui.

O departamento que dirixe o conselleiro Javier Guerra vén de tomar esta decisión logo de analizar o informe remitido pola asesoría xurídica da Consellería de Economía e Industria en base á solicitude presentada polo propio centro comercial o pasado 20 de decembro.

Asemade, a Consellería de Economía e Industria, seguindo as recomendacións da propia asesoría xurídica levará a cabo as inspeccións e investigacións precisas para comprobar o estrito cumprimento da normativa vixente en materia de comercio.

¿Y tú qué opinas de esto?