Más de 6.000 parados se beneficiarán de las ayudas a la contratación en Galicia

MÁIS DE 6.000 PARADOS BENEFICIARANSE DAS AXUDAS Á CONTRATACIÓN DOS PLANS DE COOPERACIÓN QUE ASCENDEN ESTE ANO A 75 MILLÓNS

 Más de 6.000 parados se beneficiarán de las ayudas a la contratación en los planes de cooperación que ascienden este año a 75 millones.

  • O director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, presentou hoxe as novidades das dúas ordes que se publican hoxe no Diario Oficial de Galicia e ás que Traballo destina 8,4 millóns de euros máis que en 2010
  • O aumento no orzamento permitirá a contratación de arredor de 1.000 persoas máis que o ano pasado
  • A convocatoria dirixida a entidades locais ten un orzamento de 50,1 millóns de euros, un 20 por cento máis que o exercicio anterior, o que permitirá contratar a unhas 5.000 persoas
  • O investimento da orde destinada a órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro ascende a 24,8 millóns de euros, unha contía coa que se contratarán a 1.400 persoas
  • Unha das principais novidades é que se axilizará a tramitación polo que xa no mes de febreiro os concellos poderán contratar con carácter urxente aos Grumir e iniciar outras contratacións que impliquen a dúas persoas como máximo

 

Santiago, 11 de xaneiro de 2011.- A Xunta de Galicia favorecerá este ano a contratación de ao redor de 6.400 persoas a través dos plans de cooperación con entidades locais e outros organismos que, anualmente, pon en marcha a Consellería de Traballo e Benestar.

 

O director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, explicou hoxe as principais novidades destas convocatorias desenvolvidas por entidades locais, órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro. Así, Hermida apuntou que o departamento autonómico destinará en 2011 preto de 75 millóns de euros a estas axudas, un total de 8,4 millóns de euros máis que con respecto a 2010. Deste xeito, con este aumento orzamentario, o director xeral sinalou que os beneficiarios poderán ser arredor de 1.000 máis que no exercicio anterior.

 

Trátase de dúas ordes que o Diario Oficial de Galicia publicou hoxe, polo que se prevé que as resolucións das subvencións estean feitas no primeiro semestre deste ano.

 

O obxectivo das dúas convocatorias é similar, o fomento da empregabilidade das persoas en paro, polo que estes programas permitirán a contratación de traballadores e traballadoras desempregados para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social, así como a contratación de axentes de emprego e/ou unidades de apoio. Deste xeito, os beneficiarios non só atoparán un posto de traballo, senón que contarán cunha experiencia e práctica profesional para facilitar a súa posterior inserción no mercado de traballo.

 

Todos os proxectos que se realicen deben ser de interese xeral e social  e estar vinculados á prestación de servizos sociais, culturais e relacionados coa protección das persoas. A principal diferenza entre unha e outra orde radica nos seus beneficiarios.

 

Por unha banda, o DOG publicou hoxe os programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais dirixida fundamentalmente aos concellos, así como ás entidades públicas vinculadas á administración local, como deputacións, mancomunidades, consorcios ou institutos de desenvolvemento.

 

Convocatoria para os concellos

Esta orde conta en 2011 cunha contía de 50,1 millóns de euros, un 20 por cento máis que en 2010, polo que se prevé que este ano se poidan contratar a unhas 5.000 persoas.

 

A convocatoria presenta diversas novidades entre as que destaca a axilización da tramitación, polo que xa no mes de febreiro os 61 concellos que dispoñen dos Grupos Municipais de Intervención Rápida (Grumir) poidan contratar ao persoal “de forma urxente e con carácter inmediato”, logo dos convenios e acordos asinados entre a Xunta e a Fegamp, segundo destacou Hermida. “Cumprimos, desta forma, co compromiso adquirido polo Goberno galego para que os concellos poidan contratar aos Grumir o antes posible”, incidiu o director xeral.

 

Así mesmo, as entidades locais poderán realizar en febreiro contratacións que impliquen a dúas persoas como máximo. Para elo, os organismos locais deberán contar cunha autorización expresa da Xunta para iniciar a contratación.

 

Outra das novidades é que se fará unha asignación mínima a cada entidade local solicitante en función do seu número de habitantes e de conformidade cunha serie de tramos para garantir que a totalidade dos concellos que concorran ás axudas reciban a correspondente subvención, sempre e cando presenten as solicitudes en tempo e forma e reúnan todos os requisitos esixidos. Ademais, establécese unha contía máxima subvencionable para cada entidade beneficiara, que será equivalente, en número de contratacións, a 500.000 euros.

 

“As axudas respectarán o equilibrio territorial e cada proxecto será aprobado atendendo a uns baremos obxectivos aplicados por unha comisión de valoración en cada provincia”, apuntou o director xeral.

 

Por último, nesta orde terán preferencia os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral, tales como mulleres, menores de 30 anos, persoas con discapacidade, parados de longa duración, desempregados que esgotaran as prestacións ou subsidios, maiores de 45 anos e os colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social.

 

Administracións distintas da local

Con respecto á segunda convocatoria, a dirixida a órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, Hermida salientou que para este ano se destinarán máis de 24,8 millóns de euros, unha contía que permitirá a contratación de 1.400 persoas (1.200 desempregados e 200 axentes de emprego). As contratacións neste caso son para a prestación de servizos.

 

A principal novidade desta orde é que se establecen unhas condicións mínimas para facilitar ás entidades o seu labor á hora de efectuar as contratacións e para garantir a viabilidade dos proxectos. Ademais, inclúese unha limitación segundo o ámbito territorial de actuación da asociación: a contratación de ata un máximo de 2 traballadores se é municipal; 3 para o ámbito comarcal; 5 para o provincial; 8 pluriprovincial; e 15 para o ámbito autonómico.

 

Hermida resaltou que a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio incidirá na implantación das políticas activas de emprego e na realización de funcións relacionadas coa dinamización e coa creación de actividade empresarial.

 

Por último, Hermida explicou que as axudas das dúas ordes  permitirán facer contratacións por un tempo máximo de ata 12 meses ás persoas desempregadas, cubrindo os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente no momento de formalizar a solicitude. O tempo medio de duración dos contratos é de entre 7 e 8 meses.

 

En definitiva, o director xeral de Promoción do Emprego concluíu afirmando que estas axudas o que buscan é a mellora da empregabilidade en Galicia a través dun contrato subvencionado e se inscriben na aposta firme do Goberno autonómico polas políticas activas de emprego,

Un comentario sobre “Más de 6.000 parados se beneficiarán de las ayudas a la contratación en Galicia

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s