O 061-Galicia asistiu a 55 persoas en 46 accidentes de tráfico durante a fin de semana
El 061 de Galicia asistió a 55 personas en 46 accidentes de tráfico durante el fin de semana del viernes 14 al domingo 16 de enero
-
Dende as 15:00 horas do venres 14 ata as 23:59 horas do domingo 16 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu 57 chamadas por accidentes de tráfico
Santiago, luns 17 de xaneiro de 2011.- Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a un total de 55 persoas debido a 46 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas durante a fin de semana . O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 14 ata as 23:59 horas do domingo, 16 de xaneiro. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o sábado con 22 accidentes.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia sanitaria en toda a Comunidade galega, recibiu nestes días 57 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 46 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 55 persoas.
A proporción de homes atendida foi do 72 por cento e a de mulleres do 28 por cento. Nas idades dos feridos, obsérvase que un 28 por cento dos atendidos tiñan entre os 20 e os 29 anos.
Por provincias A Coruña e Pontevedra foron as que rexistraron máis accidentes con 19 sinistros cada unha durante os desprazamentos destas datas.
|
Provincia
|
Accidentes
|
|
A Coruña
|
19
|
|
Lugo
|
4
|
|
Ourense
|
4
|
|
Pontevedra
|
19
|
|
Galicia
|
46
|
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 56. Así, as UVI móbiles asistiron en dous casos, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 49 accidentes; as ambulancias concertadas acudiron en tres ocasións e os médicos de Atención Primaria, que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dous sinistros.
Ademais, 44 feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, un foi levado a un centro de atención primaria, nove persoas foron asistidas no lugar do sinistro e non requiriron traslado a ningún centro sanitario, e unha faleceu no lugar do sinistro.