Galicia destinará 200 millones a ayudas directas a las prácticas sostenibles de 42.000 agricultores

MEDIO RURAL DESTINARÁ 200 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS DIRECTAS Á PRÁCTICAS SOSTIBLES EN AGRICULTURA, GANDARÍA E DESENVOLVEMENTO RURAL

 Medio Rural destinará 200 millones de euros en ayudas directas a las prácticas sostenibles en agricultura, ganadería y desarrollo rural. Está previsto que 42.000 agricultores gallegos soliciten estas ayudas, de 22 tipos diferentes, y cofinanciadas por el Feaga y el Feader comunitarios.

  • A Orde que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia contempla un total de vintedous tipos de axuda diferentes cofinanciadas polo Feaga e Feader
  • Está previsto que estas axudas as soliciten máis de 42.000 agricultores na Comunidade Autónoma de Galicia

 

Santiago, 11 de xaneiro de 2011.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se regula aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría, así como as axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2011.

 

Esta Orde, que ten como finalidade mellorar a renda dos agricultores e gandeiros, contempla un total de vintedous tipos de axuda diferentes. Once dos mesmos, financiados polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía Agraria (FEAGA), teñen por obxectivo compensar aos agricultores polas perdas de ingresos derivadas da redución dos prezos do mercado e tamén polo aporte de bens públicos á sociedade non valorados  polo mercado.

 

Outros dez tipos de axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), teñen carácter de pagos compensatorios, ben pola zona en que se exerce a actividade agraria (indemnizacións compensatorias) ou ben como compensación dos custos adicionais e das perdas de ingresos derivados do compromiso do agricultor adoptado na explotación para a mellora do medio ambiente e do ámbito natural.

 

Axudas

Está previsto que estas axudas as soliciten máis de 42.000 agricultores na Comunidade Autónoma de Galicia, ascendendo as mesmas a preto de 200 millóns de euros. O importe máis relevante corresponde ao pagamento único por explotación desligado da produción, con 108 millóns de euros. As axudas ao sector lácteo relacionadas coa calidade ou coa ubicación das explotacións en zonas desfavorecidas supoñen un importe superior aos 23 millón de euros. Tamén hai subvencións para explotacións con vacas nutrices, por máis de 27 millóns de euros. No relativo ás axudas ao desenvolvemento rural prevese o pago de mais de 36 millóns de euros, en concepto de indemnización compensatoria e de axudas ligadas ao contrato de explotación sustentable.

 

Prazo

O prazo de solicitude das axudas empeza o dia 1 de febreiro e remata o 30 de abril de 2011. O Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) será o encargado de informar da apertura do prazo e da forma de tramitación das solicitude a aquelas persoas que desexen beneficiarse das mesmas no ano 2011, mediante unha carta personalizada que recibirán a finais do mes de xaneiro.

 

Na tramitación destas axudas, incluídas na solicitude unificada de axudas PAC e de desenvolvemento rural do ano 2011, colaboran -no marco de convenios asinados co FOGGA con esta finalidade- un total de 13 entidades financeiras e 36 entidades de aconsellamento de explotación e cooperativas agrarias.

 

Cursos de formación

Tendo en conta o sistema de tramitación, o FOGGA impartirá a partir da vindeira semana cursos de formación para persoal das entidades colaboradoras que van a participar na tramitación das axudas. O propósito dos mesmos é comunicarlles as características das axudas e da sistemática de tramitación coa finalidade de que poidan informar adecuadamente aos agricultores.

 

Esta información é  complementaria á información que se transmitirá tamén aos agricultores, nas vindeiras semanas, a través dos servizos territoriais e oficinas agrarias comarcais da Consellería do Medio Rural e da Oficina Agraria Virtual (OAV).

 

Pago das axudas

O pago das axudas financiadas polo FEAGA e solicitadas no marco desta orde, de acordo coa normativa comunitaria, poderase realizar a partir do 1 de decembro de 2011 e ata o 30 de xuño de 2012, unha vez rematados tódolos controis administrativos e sobre o terreo establecidos para cada tipo de axuda. O pago das axudas cofinanciadas polo FEADER realizarase unha vez que os solicitantes teñan xustificado o cumprimento dos  compromisos asumidos e a Administración remate os controis pertinentes.

 

2 comentarios sobre “Galicia destinará 200 millones a ayudas directas a las prácticas sostenibles de 42.000 agricultores

¿Y tú qué opinas de esto?