O RADAR METEOROLÓXICO DO MONTE XESTEIRAS, EN CUNTIS, ESTÁ PLENAMENTE OPERATIVO
El radar meteorológico del Monte Xesteiras en Cuntis, provincia de Pontevedra, está plenamente operativo
- Os técnicos de MeteoGalicia seguiron os frontes rexistrados a comezos deste ano co novo radar
- Durante os meses de novembro e decembro terminouse de calibrar o software e de programar os diferentes barridos da antena do radar
- Respecto das alertas en Galicia derivadas das condicións climatolóxicas, cabe salientar que tanto o seu establecemento como os niveis de alerta son nestes momentos competencia exclusiva da Axencia Estatal de Meteoroloxía
Santiago, 11 de xaneiro de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destaca que o radar meteorolóxico de Monte Xesteiras, no Concello de Cuntis, está plenamente operativo e foi xa utilizado con resultados satisfactorios para a predición e seguimento dos fenómenos adversos de principios deste ano. Xustamente, os diferentes frontes rexistrados a comezos deste ano foron seguidos por MeteoGalicia co novo radar.
Respecto das alertas en Galicia derivadas das condicións climatolóxicas, cabe salientar que tanto o seu establecemento como os niveis de alerta son nestes momentos competencia exclusiva da Axencia Estatal de Meteoroloxía.
O radar meteorolóxico de Cuntis foi instalado, unha vez rematada a construción da torre, durante o pasado mes de outubro de 2010, procedéndose a partir desas datas a realizar os axustes pertinentes, tanto na infraestrutura da nova torre como no software de control do radar.
Así mesmo, durante o mes de outubro a empresa suministradora de radar procedeu a impartir os cursos de formación dos técnicos de MeteoGalicia, e durante os meses de novembro e decembro terminouse de calibrar o software e de programar os diferentes barridos da antena do radar.
Polo tanto, na actualidade o radar meteorolóxico está funcionado a pleno rendemento, sen prexuízo da necesidade de continuar facendo tarefas de axuste fino do seu funcionamento durante as próximas semanas.
La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta