Medio Ambiente adjudica los contratos de postes de paradas y refugios en el área de transporte metropolitano de Galicia por 1,2 millones

A Dirección Xeral de Mobilidade inviste preto de 1,2 millóns de euros neste proxecto

El Ejecutivo gallego adjudica los contratos para el suministro de postes de paradas y refugios en las esperas de autobuses destinados al área de transporte metropolitano de Galicia, con un presupuesto de 1, 2 millones de euros

MEDIO AMBIENTE ADXUDICA OS CONTRATOS PARA A SUBMINISTRACIÓN DE POSTES DE PARADA E REFUXIOS PARA A ESPERA DE AUTOBUSES DESTINADOS ÁS ÁREAS DE TRANSPORTE METROPOLITANO DE GALICIA

 O obxectivo fundamental deste proxecto é mellorar as infraestruturas de transporte público, ofrecendo maior comodidade ao usuario mediante a sinalización ou a información de horarios e localización de paradas
 Subministraranse 230 marquesiñas e 300 postes de paradas de autobuses
 O Goberno galego solicitou aos concellos implicados que remitan un inventario sobre o estado e as necesidades das citadas infraestruturas nos municipios
 A Xunta mostra a súa continua implicación nos proxectos que benefician aos cidadáns galegos, así como a coordinación entre as distintas administracións

Santiago, 14 de decembro de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar definitivamente os contratos para subministración e depósito de postes de parada e refuxios para a espera de autobuses.

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, achega un importe de preto de 1,2 millóns de euros para levar a cabo a presente actuación, que está enmarcada nas medidas contempladas no novo Plan de Transporte Metropolitano de Galicia.

Trátase dun contrato para o subministro e depósito de postes de parada e marquesiñas de primeiro e segundo nivel, en función do tamaño e capacidade, destinadas a cubrir as necesidades máis urxentes no ámbito das áreas de transporte metropolitano de Galicia.

Os contratos para a subministración de postes de parada e marquesiñas de 1º nivel (de 4-6 metros de largo e 1,5-2 de ancho) foron adxudicados á empresa Servicio del Automatismo y Metal, S.L.U. por un importe de 145.140 e 313.183,80 euros, respectivamente, mentres que a beneficiaria do contrato para o subministro de marquesiñas de 2º nivel (de 3-4 metros de largo e 1,25-1,8 de ancho) foi Señalética y Mobiliario Urbano de Andalucia, S.L. por un importe de 535.128,58 euros. O prazo para o seu cumprimento é dun mes.

Obxectivos
O propósito fundamental deste proxecto é mellorar as infraestruturas de transporte público, ofrecendo maior comodidade ao usuario mediante a sinalización ou a información de horarios e localización de paradas.

O Goberno galego solicitou aos concellos implicados que remitan un inventario sobre o estado e as necesidades das citadas infraestruturas nos municipios. Unha vez que a Dirección Xeral de Mobilidade reciba os inventarios locais, realizará un estudo do estado actual dos dispositivos instalados e valorará as posibilidades de renovación, reposición ou nova instalación. Neste senso, a Xunta mostra a súa continua implicación nos proxectos que benefician aos cidadáns galegos, así como a coordinación entre as distintas administracións.

O transporte metropolitano
A idea de implementar un Plan de Transporte Metropolitano en Galicia orixinouse no ano 2003 e comezou a materializarse a partir do ano 2005 coa súa implantación nas áreas de Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela, ás que se unirá de xeito inminente tamén a de Lugo, cuxo convenio xa foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o pasado 3 de decembro.

O obxectivo fundamental dos Plans de Transporte Metropolitanos é mellorar a competitividade do sistema de transporte público colectivo, nunha clara aposta polo fomento da mobilidade sustentable.. O plan materializouse coa implantación dunha tarxeta única para todas as áreas: a tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia (TMG). Na actualidade máis do 60% dos desprazamentos realizados en medios de transporte público metropolitano nas áreas onde funciona contan con desconto. Outra das ferramentas importantes foi a definición de novas liñas municipais.

Un comentario sobre “Medio Ambiente adjudica los contratos de postes de paradas y refugios en el área de transporte metropolitano de Galicia por 1,2 millones

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s