Varias bodegas gallegas, premiadas en el concurso internacional de vinos de Italia

SAMUEL JUÁREZ VISITOU AS INSTALACIÓNS DO VIVEIRO FORESTAL “OS TROLLOS”, UBICADO NO CONCELLO LUGUÉS DE BÓVEDA

 O titular de Medio Rural visitou esta mañá diversas obras do Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM-2009) no concello de Pantón
 No concello de Monforte de Lemos, Juárez presidiu ao acto de recoñecemento ás adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra que foron premiadas no XVIII Concurso Internacional dos Viños de Montaña de Aosta, en Italia
 Esta mesma tarde, clausurou o “Curso de Cata” e as “Xornadas de Outono”, celebradas na concello de Chantada

Santiago, 10 de decembro de 2010.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, visitou esta tarde as instalacións do viveiro forestal “Os Trollos”, situado no concello de Bóveda (Lugo).

Este terreo, de case 30 hectáreas de superficie, foi cedido polo concello de Bóveda á Administración Forestal para a súa utilización como viveiro forestal. Na actualidade, conta cunha aula forestal composta de sala de exposición, oficinas, almacén, laboratorio e vestiarios para os traballadores.

O arboreto dos “Trollos” está formado por máis de 100 especies entre árbores e arbustos, un semilleiro de Pinus pinaster e bosquetes con diversas especies arbóreas.

Destaca una importante representación da vexetación de ribeira que crece preto dun regato e dúas rutas de sendeirismo: a Ruta de Os Trollos, de case 5 quilómetros de lonxitude e dificultade media, e a Ruta Serra da Penas de máis de 15 quilómetros.

Neste 2010, o número de visitantes foi de 540 persoas. A meirande parte das visitas corresponde a grupos de escolares da provincia de Lugo e visitas de Voz Natura de colexios da Coruña e Lugo. Pero tamén é centro de cursos e campos de traballo, así como de prácticas universitarias da Escola Politécnica Superior de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela e das Escolas de Formación Forestal de Becerreá e Monforte, entre outras.

Pantón
Aproveitando á súa visita á provincia de Lugo, o titular de Medio Rural visitou diversas obras enmarcadas dentro do Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM-2009) no concello de Pantón. Samuel Juárez, acompañado por Raquel Arias e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, achegouse á parroquia de Eiré onde se pretende acometer o proxecto de captación e bombeo de auga con enerxía solar fotovoltaica para complementar o abastecemento de auga ao lugar de Nadal.

Por outra parte, desprazouse a diversas parroquias onde se levarán a cabo a mellora da capa de rodadura de varios camiños.

Monforte de Lemos
Ao mediodía, Juárez presidiu ao acto de recoñecemento ás adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra que foron premiadas no XVIII Concurso Internacional dos Viños de Montaña de Aosta, en Italia. Durante a celebración, que tivo lugar no Parador de Monforte de Lemos, e que contou tamén coa presenza de Raquel Arias, Antonio Crespo e a directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, Alejandra Álvarez de Mon, fíxose entrega dos diplomas acreditativos deste prestixioso recoñecemento internacional.

Chantada
Por último, o conselleiro clausurará as “Xornadas de Outono” e o “Curso de Catas” celebrados nestes meses de outubro e novembro na comarca de Chantada. Estas xornadas técnicas e formativas de outono englobaron distintos cursos encamiñados ao aproveitamento e optimización dos recursos naturais, tales como un curso básico de cultivos hortícolas ao aire libre e en invernadoiro; xornada de información e promoción de razas autóctonas, en concreto do porco celta; curso de cociña sobre os aproveitamentos dos recursos comarcais; curso de iniciación á micoloxía; e unha charla-coloquio sobre o consumo e etiquetaxe alimentario.

O “Curso de Catas”, celebrado onte e hoxe no restaurante Os Pendellos de Chantada, tivo como obxectivos dar a coñecer os principios básicos da cata, fases e compoñentes a analizar; así como os principais defectos do viño e as posibles causas.

2 comentarios sobre “Varias bodegas gallegas, premiadas en el concurso internacional de vinos de Italia

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s