Las subvenciones a las entidades gallegas en el exterior para 2011 ascienden a 900.000 euros

CONVOCADAS AS SUBVENCIÓNS DE 2011 DE VARIOS PROGRAMAS EN FAVOR DAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR, POR VALOR DE 900.000 €

 Convocadas por valor de 900.000 euros las subvenciones para 2011 de varios programas en favor de las entidades gallegas en el exterior. Emigración ayuda así a los gastos socioasistenciales, culturales, formativos, informativos, de funcionamiento, y juveniles de los centros de gallego en la diáspora

  • Emigración subvenciona así os gastos socioasistenciais, culturais, formativos, informativos, de funcionamento, e xuvenís dos centros de galegos na diáspora

 

Santiago, 10 de decembro de 2010.- O Diario Oficial de Galicia publica na súa edición de onte xoves a resolución pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o vindeiro ano 2011.

 

A disposición do DOG contempla un prazo de presentación de solicitudes de 45 días naturais a partir do día seguinte á súa publicación, polo que os peticionarios deben presentar a documentación ata o 24 de xaneiro de 2011, inclusive. Para a concesión das axudas previstas na disposición destínanse 900.000 euros, de fondos da Comunidade Autónoma.

 

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade conforme ao disposto na Lei de recoñecemento da galeguidade, ou ben a súa condición de centro colaborador, mediante resolución aprobatoria da Secretaría Xeral da Emigración, así como as institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas, que acrediten que estean inscritas no rexistro de comunidades galegas da Secretaría Xeral da Emigración.

 

340.000 € para cultura e formación

As subvencións das que hoxe se publican as bases repártense en cinco liñas distintas. A primeira delas, ditada con 101.000 euros, é o programa de axudas ás entidades galegas para a prestación de servizos socioasistenciais en favor das persoas de orixe galega residentes no exterior, e tamén os seus descendentes. Trátase dun piar tradicional e fundamental na actuación da Xunta de Galicia a favor dos galegos na diáspora.

 

O segundo programa, cuxo orzamento acada os 340.000 euros (é o que conta con maior dotación nesta disposición), refírese ás axudas para promover a realización de proxectos culturais, formativos e actividades asociativas das entidades beneficiarias. A terceira liña, que nesta ocasión conta cun orzamento de 110.000 euros, é o programa de axudas para a edición de publicacións e outras accións informativas das entidades galegas no exterior.

 

A cuarta liña, de 250.000 €, son as axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades beneficiarias. E finalmente 99.000 € destínanse ao quinto programa, consistente en axudas para realización de proxectos promovidos pola xuventude.

 

Criterios de valoración

A disposición establece os requisitos e documentación necesarios para acadar algunha das axudas da Xunta para este ano 2011 en cada unha das liñas subvencionadas, así como os criterios de valoración e baremo que se establecen para cada programa. De maneira xenérica, o DOG tamén define o procedemento de tramitación, concesión, instrución, reformulación de solicitudes, resolución, xustificación, obrigas e pagamento, así como o réxime de sancións por incumprimento.

 

A resolución hoxe publicada é unha mostra máis da aposta do Goberno galego por apoiar e dar pulo, na medida do posible neste contexto de fonda crise económica, a un sector da poboación ao que se debe por xustiza histórica especial atención, coa fin de manter vivos os lazos da diáspora coa súa terra natal.

2 comentarios sobre “Las subvenciones a las entidades gallegas en el exterior para 2011 ascienden a 900.000 euros

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s