Los gallegos residentes en Venezuela ya pueden tramitar la tarjeta sanitaria de la comunidad autónoma

O secretario xeral da Emigración asinou  un convenio coa Irmandade Galega de Venezuela para facilitarlles a tramitación da tarxeta sanitaria aos galegos residentes no país

 El secretario general de Emigración de la Xunta firmó un convenio con la Hermandad Gallega de Venezuela para facilitarles la tramitación de la tarjeta sanitaria a los gallegos residentes en el país.

Camba: “Hoy los ciudadanos gallegos de Buenos Aires, Montevideo, México y Venezuela ya pueden viajar a Galicia con la seguridad de que van a recibir la misma atención sanitaria que cualquier otro ciudadano gallego”

CAMBA: “HOXE OS CIDADÁNS GALEGOS DE BUENOS AIRES, MONTEVIDEO, MÉXICO E VENEZUELA XA PODEN VIAXAR A GALICIA COA SEGURIDADE DE QUE VAN RECIBIR A MESMA ATENCIÓN SANITARIA QUE CALQUERA OUTRO CIDADÁN GALEGO”

 

  • Asegura que a tarxeta sanitaria para galegos residentes no exterior é “unha acción positiva de goberno que consolidará esa relación especial dos cidadáns galegos coa súa terra”
  • Destaca que coa sinatura deste convenio “péchase o paso posterior á extensión deste dereito”
  • “Si somos iguais debemos disfrutar dos mesmos dereitos básicos e, entre eles, o da saúde é un dereito fundamental”, subliña

 

Caracas (Venezuela), 22 de novembro de 2010.- “Hoxe os cidadáns galegos de Buenos Aires, Montevideo, México e Venezuela xa poden comezar a súa viaxe a Galicia coa seguridade de que, no caso de que xurdan problemas de saúde ou accidentes, van recibir a mesma atención sanitaria que calquera outro cidadán galego”. Así o manifestou o secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, no acto de sinatura dun convenio de colaboración coa Irmandade Galega de Venezuela en Caracas para a realización da tramitación previa á emisión da tarxeta sanitaria para emigrantes.

 “Si somos iguais debemos disfrutar dos mesmos dereitos básicos e, entre eles, o da saúde é un dereito fundamental”, subliñou Santiago Camba. O secretario xeral da Emigración lembrou que garantir a cobertura sanitaria aos galegos residentes no exterior nas súas visitas vacacionais ou estacionais á nosa comunidade foi unha das promesas electorais do presidente da Xunta que “se converteu en realidade” e, sinalou que agora, coa sinatura deste convenio “péchase o paso posterior á extensión deste dereito”.

 Este acordo foi asinado no marco do Congreso da Xuventude Galega e Descendentes Residentes en Venezuela, que se celebra na Irmandade Galega en Caracas, e ao que asistiron preto de 250 participantes. Na súa intervención, Camba expresou o seu convencemento de que a tarxeta sanitaria para galegos residentes no exterior é “unha acción positiva de goberno que consolidará esa relación especial dos cidadáns galegos coa súa terra; o que coñecemos como galeguidade”, sinalou.

 O secretario da Emigración asegurou que os lazos entre os cidadáns do exterior e o seu país de orixe “só se fortalecerán cando sexan efectivos, cando resolven de xeito inequívoco problemas que afectan ao día a día dos nosos paisanos, cando fan que se sintan galegos porque senten que en Galicia importan, se lles ten en consideración e reciben un trato igualitario en relación co resto dos seus concidadáns”, apuntou.

 “Galicia está onde está un galego”, proclamou, e agradeceu a “colaboración, o interese e a disposición” da Irmandade Galega de Venezuela en Caracas, “exemplo de galeguidade e espello no que se deberían mirar as entidades galegas do exterior para prantexar o futuro da Galicia Universal para o século XXI”, concluíu. 

Un comentario sobre “Los gallegos residentes en Venezuela ya pueden tramitar la tarjeta sanitaria de la comunidad autónoma

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s