A Dirección Xeral de Mobilidade achega máis de 22.000 euros para esta actuación
MEDIO AMBIENTE ADXUDICA O PROXECTO CONSTRUTIVO DUNHA PARADA PARA TRANSPORTISTAS NA AUTOVÍA AG-64 EN SADURNIÑO (A CORUÑA)
Medio Ambiente adjudica el proyecto constructivo de una parada para transportistas en la autovía AG-64, en el municipio coruñés de San Sadurniño. La parada, con un presupuesto de 22.000 euros, contará con los accesos pertinentes, plazas de aparcamiento para camiones, aseos, toma de agua, recogida de basuras e iluminación. Se contempla la colocación de este espacio en los márgenes de una carretera con considerable tráfico pesado a fin de hacer posible el descanso impuesto por la normativa de transportistas. Se trata de una de las previsiones incluidas en el Plan MOVE, con construcciones de este tipo para toda Galicia, tanto en las redes de altas prestaciones como en las convencionales.
- A parada contará con accesos adecuados, prazas de aparcadoiro para camións, aseos, toma de auga, recollida de lixo ou iluminación
- A actuación contempla a colocación dunha zona de parada para transportistas, espazo habilitado nas marxes dunha estrada con considerable tráfico pesado co fin de posibilitar o descanso imposto por normativa de transportistas
- O Plan MOVE recolle entre as súas previsións a construción deste tipo de área de servizo nas estradas galegas, tanto nas da rede de altas prestacións como nas convencionais
Santiago, 22 de novembro de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar provisionalmente o proxecto construtivo dunha zona de parada para transportistas na autovía AG-64 (Ferrol- Vilalba), no Concello de San Sadurniño.
A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, financia esta actuación mediante a achega económica de máis de 22.000 euros. Cabe citar que o Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica (MOVE) recolle entre as súas previsións a construción deste tipo de área de servizo nas estradas galegas, tanto nas da rede de altas prestacións como nas convencionais.
O presente proxecto contempla a colocación dunha zona de parada para transportistas, espazo especialmente habilitado nas marxes dunha estrada con considerable tráfico pesado co fin de posibilitar o descanso imposto por normativa de transportistas. A parada contará con accesos adecuados, prazas de aparcadoiro para camións, aseos, toma de auga, recollida de lixo ou iluminación.
A ubicación da parada situarase na AG-64, nun punto aínda por determinar, 2 quilómetros antes ou despois dos límites do Concello de San Sadurniño. Trátase dun tramo no que en 2009 se rexistrou unha Intensidade Media Diaria (IMD) de 1.371 vehículos pesados.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas elaborará un estudo de viabilidade no que se proporán localizacións que cumpran as condicións de entre as cales se seleccionará a máis idónea. Posteriormente, o adxudicatario redactará un proxecto de trazado, que servirá para iniciar as tramitacións ambientais, de expropiacións e redacción do proxecto construtivo.
