La Xunta salva cien puestos de trabajos en Sargadelos al prestarle un apoyo de un millón de euros para respaldar su plan de expansión

ECONOMÍA E INDUSTRIA COMPROMETE UN APOIO DE UN MILLÓN DE EUROS PARA RESPALDAR O PLAN DE EXPANSIÓN COMERCIAL DE SARGADELOS  E MANTER MÁIS DUN CENTO DE POSTOS DE TRABALLO

 Economía e Industria compromete un apoyo de un millón de euros para respaldar el plan de expansión comercial de Sargadelos y mantener más de un centenar de puestos de trabajo. El apoyo implica el compromiso por parte de la empresa de retirar el ERE de extinción de puestos de trabajo presentado para convertirlo en un ERE de reducción que sirva para ajustar los ritmos productivos.

El  grupo Sargadelos está compuesto por dos empresas autónomas con más de 100 empleados: Sargadelos en Cervo (Lugo) y O Castro en Sada (A Coruña) para las que se plantearon en agosto dos procesos de regulación de empleo, 34 puestos en el caso de la fábrica lucense y 30 en el caso de la fábrica coruñesa. La opción del ERE de extinción que afectaba a más del 60% de la plantilla obtuvo una reacción negativa de los sindicatos, que en respuesta propusieron la opción de canalizar los despidos como una suspensión temporal de empleo, que les permitiese recuperar sus puestos de trabajo una vez que la compañía incremente las ventas o se reestructure el negocio.

  • O conselleiro Javier Guerra apuntou que a Xunta “aposta por Sargadelos e polo seu potencial”, e cualificou a mobilización das axudas “como unha magnífica noticia para unha empresa que leva o nome de Galicia polo mundo adiante a para os 108 empregados cos que conta na actualidade”
  • O apoio, ligado ao mantemento do emprego, implica o compromiso por parte da empresa de retirar o ERE de extinción presentado para convertilo nun ERE de reducción para axustar os ritmos de produción
  • A empresa presentará tamén un novo plan de viabilidade que reflicta o investimento en promoción e expansión comercial e o seu impacto nas vendas

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 Santiago, 19 de novembro de 2010.- A Consellería de Economía e Industria vén de comprometer unha axuda global dun millón de euros para apoiar o plan de expansión comercial de Sargadelos e acadar así o mantemento dos máis dun cento de empregos cos que conta a compañía. Así o manifestou o conselleiro Javier Guerra, despois de manter un encontro coa dirección da empresa, os representantes dos traballadores e o alcalde de Cervo, no que tamén estivo presente a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

 “A axuda”, explicou Javier Guerra, “chega por dúas vías e con carácter bianual, é dicir, serán 400.000 euros a fondo perdido e 600.000 euros a través dun préstamo participativo de Xesgalicia, sociedade dependente do Instituto de Promoción Económica”. O conselleiro de Economía e Industria apuntou que a Xunta “aposta por Sargadelos e polo seu potencial”, e cualificou a mobilización das axudas “como unha magnífica noticia para unha empresa que leva o nome de Galicia polo mundo adiante a para os 108 empregados cos que conta na actualidade”.

 As axudas teñen como destino o respaldo ao plan de expansión comercial da compañía, para permitir un incremento das vendas, e chegan despois do acordo alcanzado para a presentación dun novo plan de viabilidade no que se recolla, precisamente, o investimento en promoción e expansión comercial e o seu impacto nas vendas, e do compromiso por parte da empresa de retirar o ERE de extinción presentado para convertilo nun ERE de redución co obxecto de axustar os ritmos de produción. As axudas, como vén sendo norma da Consellería de Economía e Industria, están ligadas ao mantemento dos postos de traballo.

 Tanto o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, como a representante do comité de empresa, Rogelia Mariña, e os da compañía, José Luis Vázquez e José María Martínez, agradeceron “a implicación da Consellería de Economía e Industria e do Goberno da Xunta para impulsar a actividade dunha compañía histórica como Sargadelos”, polo que amosaron a súa “completa satisfacción e agradecemento”.

Un comentario sobre “La Xunta salva cien puestos de trabajos en Sargadelos al prestarle un apoyo de un millón de euros para respaldar su plan de expansión

¿Y tú qué opinas de esto?