-Acaba el plazo para que los universitarios gallegos accedan a las ayudas por causas imprevistas

EDUCACIÓN CONTINÚA CONCEDENDO AXUDAS POR CAUSAS IMPREVISTAS PARA UNIVERSITARIOS QUE PODERÁN SER SOLICITADAS ATA FINAIS DE MES

Educación continúa concediendo ayudas por causas imprevistas para universitarios en Galicia, las cuales tienen de plazo para solicitarse hasta finales de este mes, y van de los 1.250 hasta los 2.500 euros mensuales. Entre las circunstancias contempladas están la de que los dos progenitores queden en situación de desempleo o ser víctima de violencia de género. La Consellería incrementó un 16% esta partida respecto al año pasado, que ahora llega a los 70.000 euros

 

  • Cada un dos beneficiados pode percibir axudas que van desde os 1.250 ata os 2.500 euros mensuais
  • A convocatoria vai destinada aos alumnos e alumnas que estean a vivir situacións que repercutan de forma grave na situación familiar
  • Entre as circunstancias contempladas está que os dous proxenitores queden en situación de desemprego ou ser vítimas de violencia de xénero
  • A Consellería incrementou nun 16% a partida respecto do ano pasado chegando ata os 70.000 euros

 Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2010.- O Secretaría Xeral de Universidades continúa ofertando axudas por causas imprevistas ou sobrevidas para que os universitarios poidan continuar cos seus estudos. O número de beneficiados continúa a incrementarse e desde a Administración vólvese a recordar que a convocatoria continúa aberta ata finais do presente mes.

A bolsa de axudas ascende a 70.000 euros, o que supón incremento do 16% respecto do ano pasado. Deste xeito vólvese a demostrar que a Consellería está a realizar grandes esforzos por optimizar os recursos para dar axudas para o estudo a todos aqueles que estean a vivir situacións difíciles. Estes cartos están postos a disposición de todos aqueles que se vexan afectados no presente ano por situacións que repercutan de forma grave na situación familiar. Deste xeito todos aqueles que o poidan necesitar poderán optar a bolsas de axudas que van desde os 1.250 ata os 2.500 euros mensuais para que os bolseiros continúen cos seus estudos, e así ter un maior abanico de posibilidades de traballo no futuro.

Situacións nas que exista a necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal,desemprego sustentador principal, enfermidade grave, violencia de xénero cara a el/ela ou o seu proxenitor/a, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar. Ademais de outras circunstancias non previstas que, sendo xustificadas, repercutan na situación socioeconómica familiar, como son a violencia de xénero, ou ser vítimas de actos terroristas entre outros casos.

Con esta convocatoria de bolsas de axudas para alumnos e alumnas universitarios en situacións moi complexas, debidas a causas sobrevidas e imprevistas, a Consellería continúa a demostrar o seu interese pola formación dos estudante sen que esta se vexa interrumpida en ningún momento. Ao mesmo tempo, continúase a contribuír á formación avanzada de carácter especializado ou multidisciplinar.

Condicións das axudas

Para poder acceder a estas axudas, os estudantes deben estar matriculados nun mínimo de 50 créditos en estudos universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das universidade do SUG (Sistema Universitario de Galicia).

Todos aqueles interesados en solicitar estas axudas para continuar nos estudos nos que estean matriculados atoparan a información precisa accedendo ao enlace web: http://www.xunta.es/Dog/Dog2010.nsf/FichaContenido/1180A?OpenDocument

Con esta convocatoria para o presente ano, que pode ser solicitada en calquera momento ata o 30 de outubro de 2010, a Consellería volve a mostrar o seu interese por dar o mellor servizo educativo en Galicia. Estas bolsas, son un modos de axudar por todos os medios dos que dispón Educación a que os universitarios completar os estudos conducentes a un mellor futuro.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s