-Protección Civil y agentes forestales de Galicia completan cursos de conducción de todoterrenos

REMATAN NA AGASP OS CURSOS DE CONDUCIÓN DE TODOTERREOS PARA VOLUNTARIOS E PROFESIONAIS DE PROTECCIÓN CIVIL E AXENTES FORESTAIS

 Acaban en la Academia Gallega de Seguridad Pública (AGASP) los cursos de conducción de todoterrenos para voluntarios y profesionales de Protección Civil y agentes forestales. Fueron tres cursos que se celebraron entre los días 4 y 29 de octubre. Se recibieron 221 solicitudes para un total de 20 plazas por curso.

  • Foron tres cursos a celebrar entre os días 4 e 29 de outubro
  • Recibíronse 221 solicitudes para un total de 20 prazas por curso

 

Santiago, 29 de outubro de 2010.- Remataron na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) os cursos de condución de vehículos todoterreos destinados aos voluntarios e profesionais de protección civil e axentes forestais. O número de prazas para cada curso é de 20, aínda que se recibiron 221 solicitudes, 47 das cales eran de axentes forestais.

Con esta iniciativa preténdese conseguir que os integrantes dos servizos de emerxencias e  protección civil, así como os axentes forestais adquiran uns coñecementos teórico-prácticos para conducir con maior seguridade os vehículos empregados na prestación do servizo público.

Estes cursos ten unha duración de 20 horas: 16 horas prácticas, nas que se conduciu en circuíto; e 4 teóricas nas que abordaron temas como as características técnicas do vehículo, as técnicas de condución, o rescate, accesorios e mantemento ou lexislación relativa á conservación da natureza e a responsabilidade patrimonial.

Nesta  convocatoria as dúas primeiras edicións van dirixidas aos voluntarios e profesionais dos servizos de Protección Civil, e realizouse do 4 ao 6 e do 6 ao 8 de outubro. O terceiro dos cursos, dirixido aos axentes forestais dos servizos de prevención e defensa contra incendios, tivo lugar os días 27, 28 e 29 de outubro.

Para a realizar esta actividade o único requisito que se solicita é que os voluntarios e profesionais dos servizos de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia teñan  superado previamente o curso básico de protección civil.

Os cursos están cofinanciados nun 80% polo Fondo Social Europeo, dentro do Programa Operativo Fondo Social Europeo de Galicia 2007-2013.  Para poder levar a cabo a parte práctica destes cursos, a AGASP realizou o acondicionamento e mellora dunha parte da pista na Academia.

¿Y tú qué opinas de esto?