La veda de pulpo logra en Galicia que aumenten las capturas un 65%

MAR DESTACA QUE AS CAPTURAS DE POLBO TRALA VEDA AUMENTARON UN 65% CON RESPECTO AO MESMO PERÍODO DO ANO PASADO

 La Xunta destaca que las capturas de pulpo tras la veda aumentaron un 65% con respecto al mismo periodo del año pasado. Además, en 2010 se está logrando el mayor índice de capturas de los últimos cuatro años. El mes que registró más capturas fue julio con más de 400 toneladas, coincidiendo con la época en que acabó la veda.

  • Segundo os datos oficiais, achegados polo propio sector, o ano 2010 está a ser o de maior índice de capturas dos últimos catro anos
  • O mes que rexistra o maior número de capturas é xullo con máis de 400 toneladas de polbo, coincidindo coa época na que rematou a veda
  • Cabe lembrar que a Consellería do Mar consensuou co sector a veda deste cefalópodo reforzada con outras medidas para garantir a conservación, proteción e rexeneración desta especie

 

Santiago, 28 de outubro de 2010.-  A Consellería do Mar destaca que as capturas de polbo trala veda aumentaron un 65% con respecto ao mesmo período do ano pasado trala parada biolóxica. Segundo datos oficiais, achegados polo propio sector, dende que se abriu a veda o 5 de xullo ata octubro, capturáronse máis de 850 toneladas de polbo, o que indica que a veda, consensuada co sector, deu resultados positivos.

 Atendendo aos datos por lonxas, dende o remate da veda ata hoxe, o sector capturou en Carnota-Lira un 27% máis desta especie respecto do ano anterior; en Muros as capturas incrementaron nun 20% e en Corcubión nun 19%.

 Respecto dos niveis de captura globais, o ano 2010 está a ser o de maior índice de capturas dos últimos catro anos. Nos sete meses que levamos deste ano capturáronse máis de 2.400 toneladas de polbo, cifra que contrasta coa das 1.000 toneladas capturadas no mesmo período do ano anterior e que  tamén supera ás de 2006, 2007 e 2008.

 O mes que rexistra o maior número de capturas é xullo con máis de 400 toneladas de polbo, cadrando xusto co remate da veda, que foi establecida de xeito consensuado co sector dende o 28 de maio ata o 5 de xullo. Na campaña do ano anterior, na que a veda se estendeu do 8 de maio ao 6 de xullo, as capturas do mes no que venceu o paro da actividade acadaron unhas 230 toneladas.

 Ademais da veda, a Consellería do Mar acordou co sector reforzala con outras medidas recollidas no plan de explotación como a redución de dúas horas no horario de traballo, o cómputo diario, o mantemento dun quilo na talla mínima e os topes de capturas. Deste xeito garántese a conservación, proteción e rexeneración desta especie. 

 

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s