-La Xunta dice que es falso que retenga fondos de ayuda en el hogar para dependientes

TRABALLO E BENESTAR ABONOU XA O 55% DO PLAN CONCERTADO, A MEDIDA QUE OS CONCELLOS COMPLETARON A DOCUMENTACIÓN

La Consellería de Trabajo y Bienestar gallega ha abonado a los concejos el 55% de los 25 millones correspondiente a la ayuda en el hogar para dependientes,  a través del Plan Concertado. El otro 45% se halla en fase de tramitación de pagos

El gobierno gallego asegura que es «totalmente falso» que tenga retenida ninguna partida de este programa

  • A parte correspondente a dependencia comezou a pagarse no mes de agosto aos concellos, que recibiron xa a totalidade dos 25 millóns de euros previstos por este concepto
  • A porcentaxe restante está nestes momentos en tramitación de pagos, polo que se irá ingresando nas próximas semanas
  • Desde a Consellería, lémbrase que, para poder aboar estas cantidades, os concellos deben ter completados correctamente os seus expedientes
  • Con este programa, subvenciónase a axuda no fogar tanto para persoas dependentes como non dependentes, e outros programas como o de educación familiar, ou o plan de desenvolvemento para o pobo xitano.

 

Santiago, 26 de outubro de 2010.- A Consellería de Traballo e Benestar ten abonados o 55% do Plan Concertado aos concellos -25 millóns correspondentes a axuda no fogar para dependentes-, mentres que o 45% está na fase de tramitación de pagos, polo que é “totalmente falso” que a Xunta teña retida ningunha partida deste programa.

A través do denominado Plan concertado finánciase o gasto xerado dos servizos sociais que prestan nos concellos. Deste xeito, subvenciónase a axuda no fogar tanto para persoas dependentes como non dependentes, e outros programas como o de educación familiar, ou o plan de desenvolvemento para o pobo xitano. Ademais, con este investimento, mantense un cadro de persoal de máis dun millar de traballadores que prestan servizos sociais nas distintas localidades.

É preciso destacar que o 2009 foi o primeiro exercicio no que se anticiparon o 100 por cen das subvencións concedidas, pero hai que salientar que este é o primeiro ano no que os concellos cobran con maior anterioridade, xa que os pagos correspondentes á parte de axuda no fogar para dependentes (o 55 por cento do total do Plan Concertado) comezaron a aboarse a principios do mes de agosto.

Hai que ter en conta que para poder aboar estas cantidades, os concellos deben ter completados correctamente os seus expedientes.

Anteriormente, adiantábase só unha parte dos pagos ao comezo do último trimestre, e o restante efectuábase entre decembro e xaneiro, máis ben este último mes.

Neste proceso de xestión están involucradas tres administracións (Estado, Comunidade Autónoma e concellos), polo que isto implica tamén unha necesaria colaboración activa dos concellos á hora de documentar os expedientes no prazo establecido.

Ademais, nestes momentos, desde o Goberno galego, e co fin de axilizar máis os prazos, estase a traballar na elaboración dun decreto que permita os pagamentos nos primeiros meses do ano e na axilización e optimización dos procedementos administrativos nesta materia.

¿Y tú qué opinas de esto?