La Xunta concede 1,57 millones en ayudas a la expansión de la empresa Aguas de Mondariz

 

JAVIER GUERRA DESTACA O APOIO DO IGAPE A AUGAS DE MONDARIZ CON  1,57 MILLÓNS DE EUROS PARA IMPULSAR A COMPETITIVIDADE DUNHA “EMPRESA QUE É EXEMPLO DE CALIDADE”

El consejero de Economía e Industria gallego destaca el apoyo del Instituto Gallego de Promoción Económica (Igape) a la empresa Aguas de Mondariz, a la que se apoya económicamente desde la administración gallega para contribuir a su expansión

  •  O  conselleiro de Economía e Industria apoia o plan de crecemento da empresa, que aposta pola apertura de novos mercados e o lanzamento de novos produtos
  • O Conselleiro de Economía e Industria lembra que “unha parte fundamental da estratexia do Goberno galego céntrase en axudar ás empresas a transitar polo camiño cara ao mercado, impulsando iniciativas orientadas a engadir cada vez máis valor aos seus produtos e servizos”
  • “Galicia Calidade engloba, a algunhas das mellores e máis importantes marcas de Galicia e, en todo caso, as que se caracterizan pola excelencia” sinala Guerra
  • Augas de Mondaríz conta con varios productos que teñen o distintivo de calidade

 

Santiago, 26 de outubro de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, explicou que “o Igape apoia aos proxectos empresariais solventes”, de xeito que ten aprobado a concesión de 1,57 millóns de euros  destinados fundamentalmente a apoiar as iniciativas de mellora competitiva e expansión dos produtos da empresa Augas de Mondariz, que considerou “un exemplo de aposta continua pola mellora da calidade”   

Guerra sinalou que dende o Igape apoiarase a adquisición de novos bens de equipo que permitirán incrementar a capacidade produtiva da empresa. O proxecto presentado está enmarcado dentro do plan de crecemento da empresa que aposta pola apertura de novos mercados e o lanzamento de novos produtos.

A ampliación de mercados que pretende acometer a empresa vai dirixida a novos mercados estranxeiros e tamén ao mercado nacional: cadeas de alimentación e outras canles alternativas. Ademais, os investimentos, apoiados dende a Consellería de Economía e Industria, permitirán incrementar a capacidade de produción e minimizar os tempos de espera produtivos.

Galicia Calidade

Ademais, Guerra recordou que “unha parte fundamental da estratexia do Goberno galego céntrase en axudar ás empresas a transitar polo camiño cara ao mercado, impulsando todas aquelas iniciativas orientadas a engadir cada vez máis valor aos seus produtos e servizos”.

Neste sentido, apuntou que “Galicia Calidade engloba, a algunhas das mellores e máis importantes marcas de Galicia e, en todo caso, a aquelas que se caracterizan pola excelencia e a calidade da nosa Comunidade”. Augas de Mondaríz conta con varios productos que teñen este distintivo de calidade: Auga mineral natural «Mondariz», Auga mineral natural con gas carbónico engadido «Mondariz», Auga mineral natural «Fonte do Val» e Auga mineral natural con gas carbónico engadido «Fonte do Val».

O responsable da Consellería de Economía e Industria sinalou que “Galicia Calidade está a traballar para potenciar a difusión e divulgación das empresas e produtos galegos e de calidade”. A Consellería de Economía e Industria quere reforzar a imaxe de “Galicia como garantía de calidade dun produto, unido á súa procedencia”, como sinónimo de “calidade, de cara a diferenciación pola excelencia dos produtos certificados” e máis como xeradora de “confianza e seguridade” nos consumidores.

¿Y tú qué opinas de esto?