Los niños aprenden del Xacobeo con «El hijo del trueno» y «A contar estrellas en el Camino»

XACOBEO 2010 PRESENTA A INICIATIVA ‘O FILLO DO TRONO’ DESTINADA A ACHEGAR OS VALORES DO CAMIÑO DE SANTIAGO AOS MÁIS PEQUENOS

 Xacobeo 2010 presenta la iniciativa ‘El hijo del trueno’, destinada a acercar los valores del Camino de Santiago a los más pequeños. La campaña consta de un libro, un cortometraje y una obra de teatro dirigida a los niños.

  • A campaña coordinada pola editorial Galaxia e incluída no Camiño Infantil da programación de Xacobeo 2010, consta dun libro, unha curtametraxe e unha obra de teatro dirixida aos nenos.
  • O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela asistiu a primeira das funcións para nenos no Salón Teatro de Santiago.

 

Santiago, 25 de outubro de 2010.- A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo presentou a iniciativa O fillo do trono, incluída na programación do Camiño Infantil e coordinada pola editorial Galaxia que reúne un libro, unha curtametraxe e unha obra de teatro co obxectivo de introducir aos nenos no Camiño de Santiago dun xeito ameno e didáctico. A través destes tres elementos, os alumnos do segundo ciclo de Primaria poderán coñecer a historia da ruta xacobea, os motivos que levan aos peregrinos a facer o Camiño de Santiago, ou os diferentes medios nos que se pode levar a cabo a peregrinación.

A campaña foi presentada polo director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos. Na presentación tamén participou Francisco Castro, coordinador de novos proxectos da Editorial Galaxia. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asistiu a primeira das funcións do proxecto no Salón Teatro.

O libro que forma parte da iniciativa O fillo do trono leva por título A contar estrelas no Camiño. Nel cóntase a historia de catro amigos que nunha noite de verán viven por primeira vez o espectáculo das estrelas fugaces. Estas estrelas serán as que acompañen a estes rapaces e os guíen nunha viaxe a través do tempo, ata as orixes do Camiño de Santiago, unha ruta tecida con trenzas ao longo dos séculos.

Viaxe ás orixes do Camiño

Por outra banda, a curtametraxe O fillo do trono amosará aos rapaces unha viaxe animada ás orixes do Camiño de Santiago e levaraos ata o instante en que comezou esta historia de peregrinacións. Deste xeito, e a través de debuxos animados e coa axuda de actores, os escolares remóntanse ao inicio das peregrinacións a Compostela.

Por último, a iniciativa inclúe unha obra de teatro que leva por título Cara ao campo das estrelas, que narra a historia de Paio e Berenguela, membros da denominada como Osoclex (Orde Superior de Operarios do Camiño Lácteo Estelar Xacobino). Ambos introdúcense nun bosque camiño de Compostela e alí aparéceselles a raíña Lupa, bruxa e feiticeira, que os obriga a superar unha serie de probas se queren seguir o seu camiño. A partir de entón sucédense situacións disparatadas, batallas e aventuras impresionantes, e moitas risas nun espectáculo de luz, son e audiovisual deseñado por Sarabela Teatro. 

Representacións teatrais

Esta obra representarase, no mes de outubro, en Santiago, Muros, Tui e Viveiro e a ela asistirán de xeito gratuíto alumnos de segundo ciclo de Primaria dos colexios que participan nesta iniciativa. En Compostela haberá catro funcións, que se celebran o 6 e o 7 de outubro no Salón Teatro. Ao día seguinte, o venres  8 de outubro o Auditorio do Centro Cultural de Muros acolle unha representación da obra de teatro. O mércores 13 foi a quenda do concello pontevedrés de Tui, onde se representarán dúas funcións no Teatro Municipal. Por último, o día 14 o concello lucense de Viveiro foi o escenario dunha representación que terá lugar no Teatro Pastor Díaz. Nos meses de novembro e decembro, a obra itinerará por varios concellos da comunidade galega.

A iniciativa O fillo do trono forma parte do Camiño Infantil da programación de Xacobeo 2010, un apartado no que se inclúen os proxectos relacionados coa infancia e que se levan a cabo a través de diferentes formatos dedicados aos nenos que se levarán por todas as comarcas de Galicia para achegar os valores do Camiño aos máis pequenos.

CALENDARIO

 

DATA FUNCIÓNS POBOACIÓN LUGAR
6 outubro 2 Santiago Salón Teatro
7 outubro 2 Santiago Salón Teatro
8 outubro 1 Muros Auditorio do Centro Cultural
13 outubro 2 Tui Teatro Municipal
14 outubro 1 Viveiro Teatro Pastor Díaz
2 novembro 1 Ourense Auditorio Municipal
3 novembro 2 Ourense Auditorio Municipal
4 novembro 1 O Barco deValdeorras Teatro Lauro Olmo
22 novembro 2 Vilagarcía Auditorio Municipal
23 novembro 2 Cangas Auditorio Municipal
24 novembro 2 A Estrada Teatro Principal
25 novembro 1 Ribadeo Auditorio Municipal Hernán Naval
29 novembro 3 A Coruña Centro Cívico Municipal OsMallos
30 novembro 3 A Coruña Centro Cívico Municipal OsMallos
1 decembro 3 Vigo Auditorio Municipal
2 decembro 3 Vigo Auditorio Municipal
13 decembro 2 Carballo Pazo da Cultura
14 decembro 3 Ferrol Teatro Jofre
15 decembro 3 Pontevedra Teatro Principal
16 decembro 2 Lugo Auditorio Gustavo Freire
20 decembro 1 Monforte Edificio Multiusos

 

¿Y tú qué opinas de esto?