-Los precios hosteleros subieron en Galicia de forma continuada en contraste con el resto de España

A SECRETARIA XERAL PARA O TURISMO ANALIZA O PESO DO TURISMO NA ECONOMÍA DE GALICIA NUNHA CONFERENCIA EN BARCELONA ORGANIZADA POLA FUNDACIÓN GALICIA UNIVERSAL

La secretaria general para el Turismo analiza el peso del turismo en la economía de Galicia en una conferencia en Barcelona organizada por la Fundación Galicia Universal.

Los precios hosteleros en Galicia subieron de forma continuada en contraposición al contexto nacional de caída, lo que supone una garantía para la dinamización socioeconómica de la comunidad autónoma.

El sector supone un 10,4% del PIB gallego. Por cada 100 empleos creados en la actividad turística se generan otros 27,5 puestos de trabajo indirectos en otros ámbitos de la economía.

  • Mª Carmen Pardo López informou que por cada 100 empregos creados na actividade turística, xéranse indirectamente 27,5 postos de traballo adicionais noutros ámbitos da economía.
  • Os prezos hoteleiros en Galicia subiron de forma continuada fronte a un contexto nacional de caída, o que supón  un garante para a dinamización socioeconómica  da comunidade.

 Santiago, 24 de outubro de 2010.-

A secretaria xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo López, impartiu no concello barcelonés de L’Hospitalet de Llobregat  unha conferencia titulada ‘O turismo na economía galega’, no seo dunha xornada organizada pola Fundación Galicia Universal, presidida por Ernesto Lagarón Vidal.

A secretaria xeral afirmou que o turismo galego é “unha fonte xeradora de riqueza”, xa que o sector supón un 10,4% do PIB. “Por cada 100 empregos creados na actividade turística, xéranse indirectamente 27,5 postos de traballo adicionais noutros ámbitos da economía”, engadiu.

A responsable de Turismo fixo un repaso pola conxuntura do sector turístico de Galicia no que  vai de ano, unha coxuntura que sitúa a nosa comunidade autónoma nunha das que máis medrou de todo o Estado. Así, informou que nos oito primeiros meses o volume de viaxeiros aloxados en establecementos regrados foi de 2.986.741, o que se traduce nunha porcentaxe de aumento do 11,21% respecto do mesmo período do ano pasado,  mentres que as pernoitas tamén aumentaron un 8,1% respecto do ano 2009. “A este volume de viaxeiros, hai que engadir 3.049.668 excursionistas estranxeiros que visitaron Galicia entre xaneiro e agosto deste ano”, engadiu Mª Carmen Pardo.

A secretaria xeral tamén analizou o factor da rendibilidade empresarial. Nesa liña, sostivo que os prezos hoteleiros teñen subido de maneira continuada en Galicia, fronte ao contexto nacional de caída. “O aumento dos ingresos medios por habitación dispoñible en hoteis de alta categoría foi un 5,7% superior respecto ao ano pasado”, aseverou.

A celebración do Ano Santo foi un dos puntos básicos analizados tamén na conferencia. Segundo o ‘Barómetro de Rendibilidade dos destinos turísticos españois’ de Exceltur, a cidade de Santiago rexistrou un incremento do 31,5% dos ingresos por habitación dispoñible nos meses de xuño e agosto respecto do mesmo período do 2009, mentres que a nivel nacional a cifras e situou só no 6,5%. “De xaneiro a agosto a capital de Galicia contemplou o maior aumento do conxunto dos destinos urbanos de España, cun 30,7%”, asegurou Pardo López. Asemade, destacou que o número de Compostelas entregadas aos peregrinos na Oficina do Peregrino de Santiago aumentou un 30% respecto do Xacobeo 2004.

Tráfico aeroportuario

En relación ao tráfico aeroportuario, contabilizáronse ata o mes de agosto 2.882.867 pasaxeiros nos aeroportos de Galicia, o que supón un 3,23% máis que no mesmo período de 2009. Na comparativa co mesmo período do último Xacobeo o incremento sitúase no 40,10%.

O volume de pasaxeiros que utilizaron o cruceiro para a súa visita a Galicia foi nese mesmo período de 178.092, que representa un 1,15% respecto do mesmo período do ano pasado. En relación ao anterior Ano Santo o incremento sitúase nun 132%.

A secretaria xeral, que informou que xa se contabilizaron máis de 6 millóns de visitantes, incidiu na previsión do goberno autonómico de superar os 8 millóns durante este ano, “o que suporá un gran dinamización socioeconómica de toda a comunidade”.

Plan de Acción do Turismo

Nese mesmo contexto, Mª Carmen Pardo explicou aos membros da Fundación Galicia Universal o Plan de Acción do Turismo de Galicia 2010-2013, polo que se está a rexer a política turística galega actual, e que recolle as aportacións e alegacións realizadas por todo o sector. O plan, que se basea en catro políticas fundamentais (de ordenación do territorio, desenvolvemento sectorial, de marketing e de produto) ten como obxectivos primordiais, en palabras da secretaria, “seguir incrementando o peso do turismo no PIB, aumentar a estancia e o gasto medio dos turistas así como facer subir tamén a cota de turismo internacional”.

A secretaria explicou algunhas das medidas de  apoio á mellor ada competitividade turística levadas a cabo polo seu departamento, entre as que destacou o plan de titorización personalizada a empresas do sector, ou os diferentes cursos de formación, tanto de linguas estranxeiras como aqueles máis específicos orientados a mellorar as técnicas de comercialización das empresas tur´siticas no desenvolvemento das novas tecnoloxías ou da correcta xestión.

Outono Gastronómico en Barcelona

Por último mencionoulles aos membros da Fundación Galicia Universal a importancia clave de paquetes turísticos, como o ‘Outono Gastronómico en Turismo Rural’, lanzado a través de Turgalicia, e que se está difundindo na cidade condal dende o pasado mes de setembro mediante un camión rotulado. Este servizo turístico permite comer e pernoctar en máis de cen casas de turismo rural ata o 15 de decembro a prezos moi asequibles. Os menús, que conteñen viños das cinco Denominacións de Orixe de Galicia, suman un total de 213 propostas gastronómicas diferentes.

A Fundación Galicia Universal creouse o 22 de novembro do ano pasado e está composta por un total de oito entidades galegas asentadas en Cataluña con vocación de trascender fronteiras e de acometer xestións no marco de tres áreas diferenciadas: un Foro Social, outro Foro de Cultura e, finalmente, un Foro de Emprendedores.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s