ECONOMÍA E INDUSTRIA ASINA A APORTACIÓN ECONÓMICA DE CASE 17 MILLÓNS PARA O FINANCIAMENTO DE VULCANO
Economía e Industria firma la aportación económica de casi 17 millones para la financiación de Vulcano. Se espera que en 15 días los astilleros de Vigo puedan retomar su actividad.
La Consellería de Economía e Industria ha formalizado, a través de la Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, y del Igape, la aportación de 16,7 millones de euros a los fondos de Pymar para que este organismo facilite los avales necesarios en la financiación del buque sísmico 533, que se construye en el astillero vigués Vulcano.
- Javier Guerra informou á dirección e ao comité de empresa do estaleiro que o seu departamento está en disposición de formalizar todos os documentos necesarios para facer efectivo o financiamento para o remate do sísmico 533 coa maior brevidade posible
- A reactivación do remate do buque permitirá reflotar o estaleiro vigués e o mantemento dos postos de traballo directos e indirectos
Vigo, 28 de outubro de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, trasladou á dirección e ao comité de empresa de Factorías Vulcano os esforzos que o Goberno da Xunta está a levar a cabo para reactivar o estaleiro vigués, e informou que o seu departamento ven de asinar o compromiso de aportación de 16,7 millóns de euros de financiamento para o remate do buque sísmico 533, que permitiría a reactivación de Vulcano e o mantemento dos postos de traballo, tanto directos como indirectos.
O conselleiro de Economía e Industria apuntou que así llo fixo saber a Pymar a través dun escrito, que responde á valoración positiva que tanto a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas e o Igape fixeron esta mesma semana do informe xurídico que posibilita a operación de financiamento que permitiría reactivar a construción do buque 533 para o seu remate e posterior entrega a un armador noruegués, “co seu consecuente impacto no mantemento dos postos de traballo tanto en Factorías Vulcano como na importante industria auxiliar”.
A Consellería de Economía e Industria, explicou Javier Guerra, “ten un compromiso incondicional e irrevocable de avalar con case 17 millóns de euros esta operación, e está en disposición a formalizar todos os documentos necesarios para facela efectiva coa maior brevidade posible”.
Un acordo con todas as partes implicadas na operación, toda vez que o informe é positivo, “posibilitaría activar os mecanismos canto antes para poñer en marcha a operación financeira que permitiría reactivar a Vulcano”, apuntou o conselleiro de Economía e Industria, que estivo acompañado polo director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces.
O conselleiro de Economía e Industria salientou que o compromiso de financiamento e o compromiso da Xunta con Vulcano e co sector naval galego é total dende o primeiro momento, como xa se ten demostrado. Javier Guerra apuntou tamén que acadar o financiamento para o remate da construción 533, e que esta se remate en prazo por parte de Vulcano, é unha primeira fase para pasar despois a xestionar o futuro do estaleiro vigués.