A Xunta incrementa un 3% as pensións non contributivas para case 50.000 galegos, que percibirán unha paga extraordinaria de 206 euros antes de que remate o ano
La Xunta incrementa un 3% las pensiones no contributivas para casi 50.000 gallegos, que percibirán una paga extraordinaria de 206 euros antes de que acabe el año.
Los beneficiarios percibirán el ingreso de modo automático, a través de una transferencia bancaria, el próximo mes de noviembre. A finales del próximo año también se actualizarán estas pensiones en Galicia, para que sus beneficiarios no pierdan poder adquisitivo, se compromete Feijóo.
- Avanza que os beneficiarios percibirán o ingreso de modo automático, a través dunha transferencia bancaria, “no próximo mes de novembro”
- Lembra que esta actuación permitirá cumprir “o compromiso de que se cobre esta paga extraordinaria antes do mes de xaneiro”, acadando a meta de “actualizar as pensións en Galicia fronte a conxelación das pensión por parte do Goberno central”
- Adianta que nos orzamentos do ano 2011 se manterá o poder adquisitivo das pensións non contributivas en Galicia coa actualización das mesmas a finais do próximo ano
- O Consello da Xunta autorizou hoxe o inicio do proceso expropiatorio do vial que significará o “impulso final e definitivo” das obras da vía de alta capacidade Brión-Noia

Santiago, 22 de outubro de 2010.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou onte, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, que o seu Goberno destinará 9,9 millóns de euros para que “case 50.000 pensionistas galegos perciban unha paga extraordinaria de 206 euros antes de rematar o ano”.
Neste sentido, o xefe do executivo autonómico salientou que dita paga supón unha actualización do 3% que será aplicable “aos galegos que están cobrando as pensión non contributivas”. “Cobrarán esta paga extraordinaria –explicou- as persoas beneficiarias das pensións non contributivas, as que perciban o fondo de asistencia social e as que cobran o subsidio de garantía de ingresos mínimos”.
Feijóo avanzou, tamén, que os beneficiarios percibirán esta pensión “no próximo mes de novembro”, facéndose de modo automático o ingreso dos 206 euros: “Se realizará de oficio, por parte da Administración Pública, a través dunha transferencia bancaria nas contas onde os beneficiarios teñan domiciliada a súa pensión”.
Esta actuación, recordou Feijóo, permitirá cumprir “o compromiso de que se cobre esta paga extraordinaria antes do mes de xaneiro”, e “nunha época de extraordinaria dificultade”, acadando a meta de “actualizar as pensións en Galicia fronte a conxelación das pensión por parte do Goberno central”.
“Mantivemos, na medida das nosas posibilidades, o poder adquisitivo no ano 2009; agora o mantemos durante o ano 2010; e xa lles anticipo que nos Presupostos do ano 2011 tamén se manterá o poder adquisitivo das pensións non contributivas en Galicia coa actualización das mesmas a finais do próximo ano”, incidiu.
Vía de alta capacidade Brión-Noia
Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente galego lembrou que, unha das prioridades do Executivo que preside é, xunto co mantemento do estado do benestar, a recuperación económica, e dentro deste último apartado, o gasto público en infraestruturas.
A este respecto lembrou o “impulso final e definitivo” que se lle dará á vía de alta capacidade Brión-Noia co decreto autorizado hoxe polo Consello da Xunta para o comezo do proceso expropiatorio da nova vía de conexión do corredor Brión-Noia coa estrada que une Santiago con Noia (AC-543), á altura de Sampaio.
Feijóo indicou que se trata dunha vía para darlle solución aos veciños de Lousame e de Noia, un novo vial de acceso á vía de alta capacidade que neste momento está en construción. “Con isto poñeremos punto e final ás infraestruturas de conexión coa ría de Noia-Muros, dixo, remarcando que unha vez finalizada definitivamente a vía de alta capacidade entre Brión e Noia “empezaremos o desdobramento en autovía desta infraestrutura; pero agora xa queremos anticipar un novo acceso para dar servizo aos habitantes de Lousame e de Noia a esta vía de alta capacidade que estará, espero, nos próximos meses a disposición”.
[…] Autor:https://asturgalicia.wordpress.com/2010/10/22/cincuenta-mil-gallegos-percibiran-una-paga-extra-de-206… año, Cincuenta, contributivas, esté, euros, extra, gallegos, Gracias, paga, pensiones, percibirán, promueve, subida, Xunta […]
Me gustaMe gusta