Cincuenta mil gallegos percibirán una paga extra de 206 euros este año gracias a la subida de las pensiones no contributivas que promueve la Xunta

 A Xunta incrementa un 3% as pensións non contributivas para case 50.000 galegos, que percibirán unha paga extraordinaria de 206 euros antes de que remate o ano

La Xunta incrementa un 3% las pensiones no contributivas para casi 50.000 gallegos, que percibirán una paga extraordinaria de 206 euros antes de que acabe el año.

Los beneficiarios percibirán el ingreso de modo automático, a través de una transferencia bancaria, el próximo mes de noviembre. A finales del próximo año también se actualizarán estas pensiones en Galicia, para que sus beneficiarios no pierdan poder adquisitivo, se compromete Feijóo.

  • Avanza que os beneficiarios percibirán o ingreso de modo automático, a través dunha transferencia bancaria, “no próximo mes de novembro”
  • Lembra que esta actuación permitirá cumprir “o compromiso de que se cobre esta paga extraordinaria antes do mes de xaneiro”, acadando a meta de “actualizar as pensións en Galicia fronte a conxelación das pensión por parte do Goberno central”
  • Adianta que nos orzamentos do ano 2011 se manterá o poder adquisitivo das pensións non contributivas en Galicia coa actualización das mesmas a finais do próximo ano
  • O Consello da Xunta autorizou hoxe o inicio do proceso expropiatorio do vial que significará o “impulso final e definitivo” das obras da vía de alta capacidade Brión-Noia

 

Foto: blogdelmigrante.blogspot.com

Santiago, 22 de outubro de 2010.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou onte, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, que o seu Goberno destinará 9,9 millóns de euros para que “case 50.000 pensionistas galegos perciban unha paga extraordinaria de 206 euros antes de rematar o ano”.

Neste sentido, o xefe do executivo autonómico salientou que dita paga supón unha actualización do 3% que será aplicable “aos galegos que están cobrando as pensión non contributivas”. “Cobrarán esta paga extraordinaria –explicou- as persoas beneficiarias das pensións non contributivas, as que perciban o fondo de asistencia social e as que cobran o subsidio de garantía de ingresos mínimos”.

Feijóo avanzou, tamén, que os beneficiarios percibirán esta pensión “no próximo mes de novembro”, facéndose de modo automático o ingreso dos 206 euros: “Se realizará de oficio, por parte da Administración Pública, a través dunha transferencia bancaria nas contas onde os beneficiarios teñan domiciliada a súa pensión”.

Esta actuación, recordou Feijóo, permitirá cumprir “o compromiso de que se cobre esta paga extraordinaria antes do mes de xaneiro”, e “nunha época de extraordinaria dificultade”, acadando a meta de “actualizar as pensións en Galicia fronte a conxelación das pensión por parte do Goberno central”.

“Mantivemos, na medida das nosas posibilidades, o poder adquisitivo no ano 2009; agora o mantemos durante o ano 2010; e xa lles anticipo que nos Presupostos do ano 2011 tamén se manterá o poder adquisitivo das pensións non contributivas en Galicia coa actualización das mesmas a finais do próximo ano”, incidiu.

Vía de alta capacidade Brión-Noia
Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente galego lembrou que, unha das prioridades do Executivo que preside é, xunto co mantemento do estado do benestar, a recuperación económica, e dentro deste último apartado, o gasto público en infraestruturas.

A este respecto lembrou o “impulso final e definitivo” que se lle dará á vía de alta capacidade Brión-Noia co decreto autorizado hoxe polo Consello da Xunta para o comezo do proceso expropiatorio da nova vía de conexión do corredor Brión-Noia coa estrada que une Santiago con Noia (AC-543), á altura de Sampaio.

Feijóo indicou que se trata dunha vía para darlle solución aos veciños de Lousame e de Noia, un novo vial de acceso á vía de alta capacidade que neste momento está en construción. “Con isto poñeremos punto e final ás infraestruturas de conexión coa ría de Noia-Muros, dixo, remarcando que unha vez finalizada definitivamente a vía de alta capacidade entre Brión e Noia “empezaremos o desdobramento en autovía desta infraestrutura; pero agora xa queremos anticipar un novo acceso para dar servizo aos habitantes de Lousame e de Noia a esta vía de alta capacidade que estará, espero, nos próximos meses a disposición”. 
 

Un comentario sobre “Cincuenta mil gallegos percibirán una paga extra de 206 euros este año gracias a la subida de las pensiones no contributivas que promueve la Xunta

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s