A XUNTA DE GALICIA IMPULSA A IMPLANTACIÓN DE NOVAS TECNOLOXÍAS E DE MEDIDAS DE OPTIMIZACIÓN ENERXÉTICA E DE POTENCIACIÓN DO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE NOS PORTOS GALEGOS
La Xunta de Galicia impulsa la implantación de nuevas tecnologías y de medidas de optimización energética y de potenciación del desarrollo sostenible en los puertos gallegos. Entre las actuaciones más llamativas destaca la implantación de redes de recarga de vehículos eléctricos en las instalaciones portuarias, telegestión, e implantación de lámparas LED y energías renovables.
- Este conxunto de actuacións, en materia de I+D+i, levaranse adiante no marco dun convenio entre as Consellerías de Economía e Industria e do Mar, que se formalizará a través dos entes públicos, Instituto Enerxético de Galicia e Portos de Galicia
- A realización de sendos estudos de viabilidade para a implantación de redes de recarga de vehículos eléctricos nas instalacións portuarias, para a instalación de plantas de coxeración-trixeración e para a implementación de sistemas de enerxías renovables nos portos, así como o desenvolvemento dunha auditoría enerxética nas iluminacións públicas de tres peiraos conforman este programa de actuacións de carácter innnovador
Santiago, 13 de outubro de 2010.- A Xunta de Galicia impulsará un programa específico de actuacións en materia de I+D+i para fomentar a implantación e utilización nos portos galegos de novas tecnoloxías que posibiliten un desenvolvemento sostible en materia enerxética, así como para optimizar a xestión medioambiental das instalacións portuarias.
Este plan poñerase en marcha ao abeiro dun convenio entre a Consellería de Economía e Industria e a Consellería do Mar, en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables, que se executará a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e de Portos de Galicia, entes públicos adscritos aos devanditos departamentos autonómicos.
O director do Inega, Eliseo Diéguez García, e o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana Gallo, asinaron hoxe este acordo, que se incardina na aposta estratéxica do Goberno galego por un modelo enerxético baseado na potenciación do aforro e da eficiencia e na utilización das enerxías renovables, e que vai permitir desenvolver actuacións de carácter innovador.
Concretamente o obxecto deste convenio de colaboración interdepartamental é a realización dun estudo previo de viabilidade para a implantación de redes de recarga de vehículos eléctricos en diferentes peiraos competencia de Portos de Galicia; a elaboración dunha análise de viabilidade para a implantación de plantas de coxeración-trixeración nos peiraos galegos; o desenvolvemento dunha auditoría enerxética nas iluminacións públicas de tres portos a determinar e, por último, a confección doutro estudo de viabilidade sobre a implantación de instalacións de enerxías renovables en varias instalacións portuarias. Todos estes estudos realizaranse co asesoramento por parte do Inega a Portos de Galicia.
Actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética
A través do estudo de viabilidade para a implantación de redes de recarga de vehículos eléctricos analizarase a lexislación aplicable, as características técnicas máis axeitadas que deben reunir as instalacións portuarias para este fin, a estimación de consumo e a análise de custos, entre outras variables.
O estudo de viabilidade para a implantación de plantas de coxeración-trixeración nos portos levarase adiante mediante a análise práctica dun peirao en concreto, a determinar, mentres que para auditar as iluminacións públicas analizaranse tres portos, recollendo as características das instalacións existentes para, á vista destas, determinar as posibles medidas a adoptar para unha maior eficiencia enerxética e a redución do consumo como, por exemplo, a reordenación dos elementos, a instalación de redutores de fluxo, telexestión, implantación de lámpadas LED, entre outras.
Accións en materia de enerxías renovables
Ademais das devanditas actuacións, mediante as que se potenciarán medidas de aforro e eficiencia nos portos galegos, o Inega prestará asesoramento técnico para a contratación e realización dun estudo de viabilidade de implantación de instalacións de enerxías renovables (eólica, fotovoltaica, mareomotriz, undimotriz, etc.), nos portos, analizando a normativa existente, tecnoloxía actual, viabilidade técnica e económica. O dotación orzamentaria global do convenio ascende a 36.000 euros, dos que o Inega achegará o 23.250 e Portos de Galicia, 12.750 euros.

[…] Este proyecto permitirá la creación de energía ‘verde’ en las instalaciones de Cariño, además de su distribución directa desde lo mismo puerto. De hecho, la concesión para la construcción de la nave de fabricación de boyas recoge también la cláusula de distribución por vía marítima desde este punto hacia las zonas receptoras potenciales, en España y Europa. […]
Me gustaMe gusta