Los ecologistas también se oponen al decreto del carbón, pero es porque lo consideran un retroceso en la lucha contra el cambio climático

 
DECRETO DO CARBÓN: FREO E MARCHA ATRÁS NA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO / DECRETO DEL CARBÓN: FRENO Y MARCHA ATRÁS EN LA LUCHA CONTRA EL CAMBIO CLIMÁTICO

O decreto que subvenciona a queima de carbón estatal é unha fraude á cidadanía e ao ambiente que pagaremos todos/as 

El decreto que subvenciona la quema del carbón estatal es, según la asociación ecologista Adega, «un fraude a la ciudadanía y al medio ambiente que pagaremos todos»

14 de outubro de 2010. A recente convalidadión por parte da Comisión Europea do decreto español 134/2010 de axudas ao carbón, que vai primar a queima de carbón estatal fronte ao importado e os ciclos combinados, é a confirmación do retroceso xeralizado das políticas activas de loita contra o cambio climático. 

A substitución da electricidade suxa do carbón, independentemente da procedencia deste, debería ser unha prioridade na loita contra o cambio climático. A normativa aprobada polo goberno español e refrendada pola CE non é máis que un subsidio encoberto ao carbón que contradí a estratexia “Europa 2020” e non garante o futuro dos traballadores do sector alén do 31 de decembro de 2014. 

A fundamentación do goberno estatal para xustificar o trasvase de fondos públicos ás térmicas tampouco se sostén: garantir o subministro para evitar restricións enerxéticas é unha falsidade, xa que a medida só afecta au 9% da produción de electricidade da que o estado español é exportador neto! A realidade é que esta subvención encoberta, que favorece a unhas 10 térmicas de carbón garantindolles prioridade de acceso ao sistema e un prezo estábel e superior ao do mercado, só resposta a intereses políticos para evitar a conflitividade social nun sector chamado á extinción. 

A decisión da CE sobre o decreto español do carbón bota tamén por terra a credibilidade e os compromisos ambientais da UE e de España, xa ben pouco críbeis. A contaminación e as emisións de CO2, óxidos de xofre e nitróxeno veranse incrementadas; os investimentos en eficiencia e enerxías renovabeis diminuirán, aumentando o paro nun sector emerxente, e a cidadanía acabará pagando por duplicado este agasallo do estado ás térmicas: primeiro mediante as subvencións directas e logo pola “recuperación” destas na factura da luz. 

ADEGA propón que cos cartos públicos entregados ás térmicas polo estado en época de crise e co aforro en mercar máis dereitos de emisión de CO2, deberiase afrontar a reconversión dun sector enerxético, o da minaría e as térmicas de carbón, insustentábel e obsoleto, apostando pola alternatividade, o aforro, a suficiencia, a eficiencia enerxética.

Un comentario sobre “Los ecologistas también se oponen al decreto del carbón, pero es porque lo consideran un retroceso en la lucha contra el cambio climático

¿Y tú qué opinas de esto?