A XUNTA DE GALICIA DEMOSTROU UN ANO MÁIS A SÚA COLABORACIÓN COA FESTA DO MARISCO DO GROVE A TRAVÉS DO APOIO DA CONSELLERÍA DO MAR
La Xunta de Galicia demostró un año más su colaboración con la Fiesta del Marisco de O Grove (Pontevedra) a través del apoyo prestado por la Consejería del Mar
Santiago de Compostela, 11 de outubro 2010.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, volveu amosar a súa aposta firme e decidida pola promoción dos produtos mariños galegos a través da súa colaboración na Festa do Marisco do Grove. Trátase do segundo ano consecutivo que Rosa Quintana asiste a este evento que, na súa visita, enxalzou cualificándoo de «símbolo de Galicia».
Como xa fixera o ano pasado, a conselleira estivo acompañada do director xeral de Competitividade e Innovación, Juan Maneiro, no acto de inauguración das xornadas gastronómicas “A cociña no mar” na que tamén estivo presente o alcalde do municipio, José Antonio Cacabelos, e mailo humorista gráfico meco Gogue, quen lles fixo entrega de sendas caricaturas como agradecemento ao labor tanto da conselleira coma do director xeral.
Dende o departamento de Competitividade e Innovación destacan que non só se ten colaborado no desenvolvemento desta feira co apoio presencial senón que, ademais, se mantén exactamente “o mesmo nivel de colaboración ca o ano pasado e nos mesmos termos económicos tal e como ocorre con outras festas gastronómicas de semellantes características en toda Galicia”.