A XUNTA REMITE AO CONCELLO DA CORUÑA O CONVENIO PARA REHABILITAR A FÁBRICA DE TABACOS E ADICALA A USOS XUDICIAIS
La Xunta remite al concejo de A Coruña el convenio para rehabilitar la Fábrica de Tabacos y dedicarla a usos judiciales, una actuación a la que la administración regional destinará en torno a 20 millones de euros
Santiago, 10 de outubro de 2010.- A consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza remitiu o pasado venres ao Concello da Coruña o borrador do convenio de cesión do antigo edificio de Tabacos para a súa rehabilitación e posterior uso como futura sede xudicial, unha actuación na que a Xunta investirá en torno a 20 millóns de euros.
A proposta de convenio establece que o concello herculino cederá gratuitamente, e libre de cargas e gravames, o histórico edificio da Fábrica de Tabacos para o seu destino a usos xudiciais na cidade.
O Goberno galego, pola súa banda, comprometese a destinar o edificio aos usos referidos unha vez se formalice a súa cesión, de acordo co Plan de Viabilidade elaborado pola Consellería de Presidencia e que o Concello aceptou expresamente no acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local o pasado 27 de agosto.
Neste sentido, o Plan de Viabilidade da Xunta, que foi sometido a exposición pública, recolle que o departamento autonómico acometerá no edificio as obras de rehabilitación e reforma necesarias para ocupar inicialmente un espazo aproximado de 14.000 metros cadrados. Neste espazo ubicaranse as dependencias xudiciais que se decidan en función das necesidades de ubicación e reorganización.
A superficie restante, aproximadamente 3.000 metros cadrados, quedará en reserva a favor da Xunta de Galicia para o seu destino a necesidades futuras.
Por último, o documento establece a creación dunha Comisión Mixta de Coordinación e Seguimento do convenio que estará integrada por dous representantes de cada unha das partes. As funcións da Comisión serán as de seguimento e resolución de conflitos que poidan xurdir.

[…] esta adjudicación, la Xunta avanza un paso más en su voluntad de agilizar el máximo posible la rehabilitación de este edificio para destinarlo a usos judiciales, dentro de su compromiso con A Coruña. Además, la actuación permitirá dejar cubiertas las […]
Me gustaMe gusta