Los premios Galicia de Investigación van a María Victoria Carballo-Calero y Margarita Barral

A CATEDRÁTICA MARÍA VICTORIA CARBALLO-CALERO E A DOUTORA MARGARITA BARRAL OBTEÑEN OS PREMIOS GALICIA DE INVESTIGACIÓN 2009 DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

La catedrática María Victoria Carballo-Calero y la doctora Margarita Barral obtienen los premios Galicia de Investigación 2009

 

  • A Consellería de Economía e Industria recoñece a traxectoria destas dúas científicas a través do Premio Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística
  • Carballo-Calero é catedrática e profesora titular da Universidade de Vigo e Barral está contratada como investigadora pola Universidade de Santiago de Compostela ao amparo do Programa Isidro Parga Pondal da Xunta de Galicia

 Santiago, 9 de outubro de 2010.- Os Premios Galicia de Investigación, convocados pola Consellería de Economía e Industria, recoñecen na súa edición 2009 a longa traxectoria investigadora da catedrática Victoria Carballo-Calero e o inicio da carreira científica da doutora Margarita Barral. Os galardóns concédense cada ano nunha área de coñecemento (científico-técnica, sanitaria, social e humanística –esta última a correspondente á presente edición-), e distinguen a un científico senior e a outro mozo.

O xurado acordou por unanimidade outorgarlle o Premio Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística para investigadores senior a María Victoria Carballo-Calero Ramos, catedrática de Historia da Arte.

María Victoria Carballo-Calero

 Nacida en Ourense e licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela, na que impartiu clase durante os seus primeiros anos como profesora titular, incorporouse á Universidade de Vigo no ano da súa creación, onde continuou ata a actualidade o seu labor docente e investigador. Carballo-Calero conta cunha longa traxectoria científica iniciada no ano 1965 con varios traballos sobre a pintora galega Julia Minguillón.

Desde entón ten desenvolvido ademais unha liña de investigación referida ao rescate de artistas galegos como Castelao, Maruja Mallo ou Luís Seoane e outras liñas sobre o debuxo, a ilustración e o gravado, a arquitectura e o urbanismo.

O Premio Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística para investigadores mozos recoñece o inicio da carreira científica de Margarita Barral Martínez, investigadora contratada pola Universidade de Santiago de Compostela ao amparo do Programa Isidro Parga Pondal da Xunta de Galicia. Logo de licenciarse en Xeografía e Historia pola USC e obter un Máster en Estudos na Unión Europea pola Universidade da Coruña, leu a súa tese de doutoramento no ano 2005 con distinción europea e premio extraordinario.

Está a desenvolver unha amplia investigación sobre historia política e parlamentaria, así como sobre a personalidade e actividade política de Eugenio Montero Ríos, labor que en 2006 lle valeu o XV Premio de Investigación Manuel Colmeiro convocado por la Escola Galega de Administración Pública (EGAP). É membro do equipo interuniversitario que co financiamento das Cortes Xerais traballa na elaboración dun dicionario biográfico de parlamentarios españois (1810-1854).

O xurado dos premios estivo presidido por Dario Villanueva Prieto e contou como vogais con Antonio Eiras Roel, José Eduardo López Pereira, José Manuel González Herrán, Manuel Recuero Astray, Xosé Henrique Costas González, Ramón Villares Paz e Jaime Morales Piñeiro, que actuou como secretario.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s